Emigración clausura en Lugo o Programa formativo de servizos á familia e traballo no fogar
Quince emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia participaron no programa co obxectivo de promover a inserción laboral e a promoción profesional de ambos colectivos.
O director-xerente da Fundación Galicia Emigración, José Manuel Castelao Bragaña, clausurou este xoves o Programa formativo de servizos á familia e traballo no fogar, desenvolvido en Lugo dende o pasado mes de setembro.
Dentro do plan de actuación para o ano 2010, o Goberno galego deseñou unha liña de actuación para o apoio á inserción laboral por conta allea, co obxecto favorecer ou mellorar a empregabilidade dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia.
O proceso de aprendizaxe foi unha combinación de clases teóricas, así como prácticas, que capacitaron aos alumnos para coidar, manter e controlar todo o relacionado co fogares os integrantes da unidade familiar.
Este programa foi totalmente gratuíto, onde os alumnos seleccionados recibiron unha axuda económica de seis euros diarios por día de asistencia, en concepto de axuda por desprazamentos e incentivos á asistencia.
Esta acción capacitou a dous emigrantes retornados de Cuba e trece inmigrantes, procedentes de Brasil, Colombia, Cuba, Guinea, República Dominicana, Romanía, e Marrocos, adquirindo coñecementos sobre as técnicas de limpeza e coidados no fogar, a preparación e elaboración de menús, a atención e coidado dos nenos, maiores e persoas dependentes, o coidado de plantas e animais domésticos, o coidado de prendas, o mantemento de relacións humanas, habilidades sociais e de comunicación, técnicas de organización, a solución de imprevistos e primeiros auxilios, a seguridade e hixiene no traballo, as novas tecnoloxías, a normativa laboral, economía social e métodos activos de busca de emprego.
Novas relacionadas