Axudas económicas individuais a galegos e galegas residentes no exterior. Exercicio 2024

Listen to this page using ReadSpeaker
1096 lecturas
Información do programa e formularios de solicitude das axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos e galegas residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados/as familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio - sanitaria.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 5 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2024 (DOG nº 18, do 25 de xaneiro).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
25.01.2024
Estado: 
Procedemento pechado

As persoas destinatarias:

  1. Emigrantes galegos e galegas, os seus fillos e as súas fillas, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego/a de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar a dita condición de galego/a sinálase no artigo 14 desta resolución.
  2. Os netos e as netas de emigrantes galegos/as, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galegos/as de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.
  3. Para o caso de falecemento das persoas  indicadas nos puntos 1 e 2 poderán ser  beneficiarias por unha soa vez, as seguintes:

a) O/a seu/súa cónxuxe viúvo/a ou parella de feito ou relación análoga de afectividade ou os/as fillos/as da persoa falecida beneficiaria nalgunha das dúas últimas convocatorias deste programa, sempre e cando non transcorresen máis de quince meses desde o seu pasamento, o que acreditarán segundo o disposto no artigo 9.2.

b) Un dos/as membros maior de idade da unidade familiar do/da solicitante de axuda do artigo 4 se aquel/a falece despois da finalización do prazo para a presentación das solicitudes e antes da proposta de resolución do programa, sempre que  dentro de ese período de tempo presente un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Emigración no que solicite poder cobrar a axuda asinada polo/a seu/súa familiar falecido/a e declare expresamente cumprir as condicións e deberes dispostos nesta convocatoria para as persoas beneficiarias. 

Os supostos de axudas:

  • Situación de precariedade na unidade familiar (artigo 4 da Resolución).
  • Situación de enfermidade grave ou dependencia da persoa solicitante ou outra persoa da unidade familiar (artigo 5.1 da Resolución).
  • Se ten entre 18 e 65 anos e encóntrase incapacitado/a para calquera actividade laboral por invalidez ou enfermidade permanente (artigo 5.2 da Resolución).
  • Se ten máis de 65 anos e padece unha enfermidade crónica e careza de cobertura médica suficiente para o seu tratamento (artigo 5.3 da Resolución).
  • Mulleres maiores de idade e menores incapacitadas que acrediten sufrir violencia de xénero (artigo 6 da Resolución).

O lugar de presentación das solicitudes:

  • Na Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • No Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • No Brasil: 
    -Peña Galega da Casa de España de Río de Xaneiro.
    -Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução en São Paulo.
    -Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
    -Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago en Salvador de Baía.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas na Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • Ou na Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños, 2 - 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O lugar de contacto e información:

Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Programas Sociais
Teléfonos: 981-54 58 82 – 981 54 72 89 
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.gal

FORMULARIO DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

Documentación que se achega:

  • Texto completo da convocatoria no D.O.G.: Descargar
  • Extracto da convocatoria no D.O.G.: Descargar
  • Resolución sobre a prolongación do prazo para a presentación de solicitudes do PR925A na sede electrónica da Xunta de Galicia: Descargar
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
25.03.2024