Emigración aumentou un 50% o orzamento destinado a garantir a viabilidade das entidades galegas no exterior en 2020 ante as necesidades xurdidas pola covid-19

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou os preto de 3,5 millóns de euros destinados a gastos de funcionamento, actividades, infraestruturas e equipamentos.

Imaxe de arquivo da visita do presidente da Xunta de Galicia ao Centro Galego de Mar del Plata
Imaxe de arquivo da visita do presidente da Xunta de Galicia ao Centro Galego de Mar del Plata
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou os 3,5 millóns de euros destinados en 2020 ás entidades galegas no exterior e que tiveron como fin facer fronte aos gastos de funcionamento, actividades, infraestruturas e equipamentos.

Segundo destacou o secretario xeral, ao longo do 2020 foi necesario incrementar esta colaboración ata nun 50% no eido dos gastos de funcionamento, debido ás necesidades xeradas pola situación da pandemia o que veu a baixar os ingresos das entidades en tódolos países do mundo, xa que moitas tiveron incluso que pechar as súas portas de xeito indefinido e traballar vía telemática e outras permitir o acceso de xeito moi limitado.

O secretario xeral quixo tamén animarlles a seguir traballando en pro do benestar da colectividade galega neste país, “un esforzo que valoramos enormemente dentro desta época de dificultades e imprevistos que está a xerar a pandemia da Covid-19”.

A Xunta de Galicia continuará no 2021 traballando para manter a colaboración con estas entidades, en especial co obxectivo de fomentar a programación cultural, social e formativa dos nosos galegos no exterior, así como para axudar nas obras, reforma, habilitación e conservación das instalacións e do patrimonio cultural.

En imaxes
715 lecturas