Emigración anima ás e aos galegos retornados a participar no curso de formación online gratuíto de empregabilidade #RetoEmprego30días

O curso dará comezo o vindeiro 1 de maio
O curso dará comezo o vindeiro 1 de maio
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración anima ás galegas e galegos retornados a participar no curso de formación online gratuíto #RetoEmprego30días, que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade a través de pequenos desafíos diarios de 15 minutos que axudarán ás e aos inscritos a estar máis preto do seu próximo emprego.

O reto, organizado pola Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, comeza o próximo 1 de maio e centrarase en proporcionar ferramentas como redactar un currículo, unha carta de presentación ou deseñar un perfil profesional nas redes sociais. Os interesados e interesadas poden unirse de xeito gratuíto a través da web www.evaporto.com/reto-emprego-30.

270 lecturas