A Xunta mobilizará preto de 10 millóns de euros a través de catro liñas de axudas a particulares para o pago do alugueiro, das que se poden beneficiar as e os emigrantes retornados

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abriu a orde de subvencións ao alugamento dotada con 2,27 millóns de euros.

Mañá, 6 de abril, está previsto que se convoquen tamén as axudas ao arrendamento dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade pola covid.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2021.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de abrir o prazo para solicitar as axudas ao alugueiro dirixidas a facilitar o acceso e mantemento da súa vivenda habitual a persoas e colectivos específicos con escasos recursos económicos. A orde de axudas publicada o pasado 30 de marzo no DOG enmárcase no esforzo especial que realizará a Xunta este ano en materia de axudas ao alugueiro.

Así o anunciou a responsable autonómica deste departamento, Ángeles Vázquez, quen indicou que o programa conta con dúas liñas diferenciadas: unha destinada á poboación en xeral, en cuxo caso o importe máximo da axuda poderá ser de 200 euros ao mes ou de 250 euros, se a persoa solicitante ten máis de 65 anos; e outra dirixida ao colectivo de menores de 35 anos, que poderán optar grazas a ela a unha subvención de ata 250 euros. A duración da axuda será dun ano.

Esta nova convocatoria, enmarcada no Plan estatal de vivenda 2018-2021, conta cunha dotación global de 2,27 millóns de euros e poderá solicitarse durante o prazo dun mes. En canto aos posibles beneficiarios e beneficiarias, aínda é pronto para facer estimacións pero, tal e como apuntou a conselleira, cómpre lembrar que, nestes momentos, máis de 5.000 galegas e galegos reciben axudas a través deste programa.

Durante un encontro con membros da Unidade Interdisciplinar de Traballo Social de Ourense, indicou que a Consellería ofrecerá ás persoas cunha situación económica delicada ou que se están a ver especialmente afectadas pola covid, catro programas de axudas directas para o pago dos seus alugueiros cun investimento total de case 10 millóns de euros.

Axudas para minimizar o impacto da covid
A Xunta tampouco é allea ao impacto que tivo e segue a ter a covid sobre a economía doméstica de moitas familias galegas. Por este motivo, Ángeles Vázquez indicou que se fará un esforzo especial para apoiar a todas aquelas unidades de convivencia con dificultades á hora de facer fronte ao pago das rendas da súa vivenda habitual.

A este respecto, anunciou que mañá, martes, 6 de abril, tamén se convocarán as axudas dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade pola covid-19. Cómpre lembrar que este programa se puxo en marcha o ano pasado para ofrecer unha resposta efectiva e específica a aquelas familias e colectivos que viron como se resentían os seus ingresos domésticos debido á pandemia, chegando a máis dun milleiro de persoas beneficiarias en Galicia.

Este ano, a nova convocatoria das axudas ao alugueiro pola covid terá unha dotación de 2 millóns e, como principal novidade, cómpre subliñar os cambios introducidos nas bases co obxectivo de mellorar e axilizar a tramitación, grazas á experiencia adquirida o ano pasado.

Deste xeito, simplificaranse os anexos que se deben xuntar coa solicitude, modificarase a forma de xustificación para poder cobrar a axuda e mellorarase tamén o modo de pagamento, que en lugar de facerse mes a mes será por anticipado e pago único.

Ademais destas dúas novas liñas de axudas, a conselleira lembrou que o seu departamento tamén ten outros dous programas de axudas directas en materia de alugueiro que xa se convocaron para este ano. Así, referiuse ao Bono de alugueiro social, unha liña de subvencións creada para atender con carácter urxente a unidades de convivencia que pola súa situación de vulnerabilidade teñan dificultades para manter os seus fogares, e ao Bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero, impulsada co mesmo fin pero dirixida a un colectivo especialmente sensible e para o que a vivenda resulta clave.

Ambos programas convocáronse este ano por un importe global de 3,66 millóns aínda que atendendo á situación provocada pola covid, lembrou que durante todo 2021 os bonos alugueiro veranse complementados pola Xunta ata chegar ao 100% do custo das rendas das e dos beneficiarios, unhas axudas extraordinarias ás que destinará outros 1,98 millóns de euros.

En imaxes
504 lecturas