As e os estudantes con Bolsas Excelencia Mocidade Exterior participan nunha xornada formativa sobre motivación, emprego e emprendemento

  • A conselleira de Educación, o secretario xeral da Emigración e o vicerreitor da USC inauguraron a xornada que ten lugar hoxe na Universidade de Santiago de Compostela
    A conselleira de Educación, o secretario xeral da Emigración e o vicerreitor da USC inauguraron a xornada que ten lugar hoxe na Universidade de Santiago de Compostela

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Secretaría Xeral da Emigración, organiza hoxe unha xornada formativa dirixida ás e aos estudantes universitarios e de grao superior de FP beneficiados coas Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME).

O obxectivo desta xornada -que hoxe abriu a conselleira da Educación, Carmen Pomar, acompañada polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o vicerreitor da USC, Víctor Arce- é que os bolseiros e bolseiras coñezan experiencias da man de expertas e expertos en inserción laboral e de compañeiras e compañeiros que xa foron bolseiros, co fin de adquirir formación e orientación cara aos seus procesos de busca activa de emprego e de autoemprego.

Así, para a xornada de hoxe deseñouse un programa completo na que se abordan temáticas relacionadas coa motivación e a posta en valor do talento de cada un ou unha; co emprego, coas claves para o desenvolvemento da marca persoal ou orientacións para afrontar unha entrevista de traballo; e co emprendemento, coas ferramentas e axudas para o desenvolvemento de proxectos ou a posta en común de casos de éxito. Estas sesións de formación que teñen lugar na Universidade de Santiago de Compostela completaranse nos vindeiros días con xornadas similares nas universidades da Coruña (UDC) e de Vigo (UVigo).

Na súa intervención a conselleira Carmen Pomar destacou a colaboración dos distintos departamentos do Goberno galego xunto coas propias universidades para fomentar o retorno dos mozos e mozas que viven no exterior, e subliñou o compromiso “coa formación e xestión do talento”. Rodríguez Miranda, pola súa banda, invitou aos bolseiros e bolseiras a “aproveitar a súa experiencia e os seus coñecementos nesta nova etapa que están a emprender en Galicia”.

Neste obxecto enmárcase o programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) a través do cal se facilita a realización de másteres nas tres universidades galegas así como de ciclos superiores de Formación Profesional. Trátase dunha iniciativa que se puxo en marcha de xeito pioneiro no ano 2017 para fomentar o retorno das e dos mozos galegos que viven no exterior, ofrecendo nos últimos tres anos un total de 550 prazas entre as dúas modalidades.

En imaxes
429 lecturas