Publicada a galería de imaxes da entrega de diplomas ás e aos beneficiarios 2018-2019 das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior e Retorno para Formación Profesional
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2019.
Vén de publicarse a Galería de imaxes da recepción polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e entrega de diplomas da súa concesión ás bolseiras e bolseiros beneficiarios da segunda promoción das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME, programa xestionado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e da primeira promoción das Bolsas Retorno para Formación Profesional da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. O evento celebrouse o 29 de novembro de 2018 no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela.
- Galería de imaxes: picar aquí para acceder
Novas relacionadas