Dous terzos dos concellos da nosa Comunidade contan con algunha iniciativa emprendedora liderada por galegos retornados co apoio da Xunta

Na última década, a liña de axudas ao retorno emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración apoiou cun investimento directo de 5,3 millóns de euros a posta en marcha de máis de 800 proxectos, ubicándose case a metade -o 48%- fóra das cidades.

A idade media dos participantes sitúase nos 41 anos, cun perfil altamente formado no que o 45% conta con estudos universitarios, e acadando na última edición do programa a paridade, cun 50% de beneficiarios mulleres.

As empresas apoiadas a través do programa Retorno Emprendedor contan cunha notable diversidade e capacidade de innovación, encadrándose en sectores como o primario, a hostalaría, o comercio, a industria 4.0, a enxeñaría ou o deseño.

A iniciativa, incluída na Estratexia Galicia Retorna, conta con participantes de países dos cinco continentes, entre os que sobresaen Venezuela, o Reino Unido e a Arxentina.

Dous terzos dos concellos da nosa Comunidade contan con algunha iniciativa emprendedora liderada por galegos retornados co apoio da Xunta
Dous terzos dos concellos da nosa Comunidade contan con algunha iniciativa emprendedora liderada por galegos retornados co apoio da Xunta
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 28 de decembro de 2024.

A liña de axudas ao retorno emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración apoiou na última década a posta en marcha de máis de 800 proxectos liderados por galegos retornados, cun investimento directo de 5,3 millóns de euros, ao que se sumará un millón máis xa asignado nos orzamentos do vindeiro ano.

Estes máis de 800 proxectos apoiados con éxito pola Xunta espállanse por arredor de 200 concellos galegos, situándose case a metade destes negocios -o 48%- fóra das grandes cidades. Deste xeito contribúese á vertebración do territorio a través da dinamización de cabeceiras de comarca, vilas ou concellos do rural, permitindo asumir desafíos estruturais coma a fixación de poboación ou a remuda xeracional no tecido económico.

O programa Retorno Emprendedor, incluído na Estratexia Galicia Retorna, destaca pola súa diversidade e alto nivel de cualificación. Así, a idade media dos participantes sitúase nos 41 anos, cun perfil altamente formado no que o 45% conta con estudos universitarios. Ademais, a última edición da iniciativa -que coa ampliación publicada a semana pasada no DOG beneficiará en total 150 persoas- marcou un fito na paridade, coa participación dun 50% de emprendedoras mulleres.

Cómpre subliñar tamén que un 17% dos beneficiarios deste programa -que poden chegar a contar cun apoio de 10.000 euros- xa tiveron contacto previo co retorno a través do programa de bolsas BEME, o que reforza o itinerario de apoio á integración profesional e persoal en Galicia.

Sectores, modelos de negocio e programa Merlo

En canto aos modelos de negocio, predomina a orientación cara ao consumidor final, co maior peso de proxectos B2C (business to consumer), que reflicten a aposta por satisfacer as demandas do mercado local e rexional. Estas eleccións sectoriais non só dinamizan a economía galega, senón que tamén responden ás necesidades actuais do tecido produtivo.

Nesta liña, as iniciativas apoiadas contan cunha notable diversidade e capacidade de innovación, encadrándose en sectores coma o sector primario, a hostalaría, o comercio, a industria 4.0, a enxeñaría, a fabricación ou o deseño.

Como complemento ás axudas económicas do programa Retorno Emprendedor, xorde a iniciativa Merlo, na que participan cada ano arredor dun centenar de persoas e a través da que se ofrece mentorización, apoio e asesoramento personalizado en cuestións clave no éxito dos seus respectivos proxectos, como dirección e planificación, comunicación e márketing, administración e finanzas ou tecnoloxía e vendas.

Emprendemento ligado ao territorio

A través da folla de ruta trazada pola Estratexia Galicia Retorna, os galegos e galegas procedentes do exterior situánse tamén como un piar fundamental dentro da aposta da Xunta por consolidar Galicia como un referente no eido do emprendemento vinculado ao territorio -avalado xa co galardón como Rexión Emprendedora Europea 2025-.  

Neste marco, sobresae a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego despregada por toda Galicia e con 15 oficinas repartidas actualmente por vilas e cabeceiras de comarca -ademais de Ferrol-. Dos arredor de 3.000 proxectos atendidos a día de hoxe pola Rede, un 20% están impulsados por persoas de fóra de Galicia.

700 lecturas