Discurso de Fin de Ano 2025 de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia
Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (1): https://youtu.be/6l6uAPRTruY
Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (2): https://youtu.be/MDHhFOEfd1g
Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (3): https://youtu.be/Hg6v_F05ow4
Discurso de Fin de Ano 2025 de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia
Hoxe despedimos un 2025 intenso, que convida a facer balance con serenidade. Foi tamén o Ano Castelao, unha oportunidade para mirar Galicia con perspectiva e reflexionar sobre os retos que aínda temos por diante. Porque construír Galicia é unha tarefa colectiva, na que sumamos todas e todos, con responsabilidade e en positivo.
Garantir unha vivenda digna é garantir un proxecto de vida e futuro. Crear as condicións para que cada persoa poida construír o seu camiño en Galicia.Nesta lexislatura duplicaremos o parque público de vivenda, co obxectivo de sumar 4.000 novos fogares ata 2028, para facilitar a emancipación e facer de Galicia un lugar no que vivir, quedar e volver.
Apostamos pola investigación e a innovación como motor do noso futuro, con proxectos punteiros, científicos brillantes e infraestruturas de referencia. Como o supercomputador público máis potente do sur de Europa e unha das seis novas fábricas de IA do continente. Non é un relato de ciencia ficción: é a crónica da Galicia de hoxe, da I+G+i.
Destacamos o compromiso galego cunha educación de calidade, a educación é a ferramenta máis poderosa para garantir o avance do país e, por iso, non escatimaremos recursos para que as e os máis novos accedan a unha formación de excelencia, pública e gratuíta.
Novas relacionadas




