A Directora General de Participació Ciutadana da Generalitat Valenciana visitou as novas instalacións do Centro Galego de Castellón

A entidade galega na capital castellonense -fundada no 1936- é membro do Consello de Comunidades Galegas e desenvolve unha intensa actividade social e cultural.

As novas instalacións sociais "O Faiado" (sitas no antigo  Cuartel Tetuan XIV) serán inauguradas o próximo verán polo secretario xeral da Emigración.

  • María Barrios Hermida, de ascendencia galega, asinou no Libro de Honra da entidade galega na capital castellonense
    María Barrios Hermida, de ascendencia galega, asinou no Libro de Honra da entidade galega na capital castellonense
  • Xosé Filgueira, presidente do Centro Galego de Castellón 'O Aturuxo', fixo entrega a María Barrios Hermida dunha cerámica en agradecemento pola visita da directora xeral
    Xosé Filgueira, presidente do Centro Galego de Castellón "O Aturuxo", fixo entrega a María Barrios Hermida dunha cerámica en agradecemento pola visita da directora xeral
Listen to this page using ReadSpeaker
Castellón de la Plana , 14 de abril de 2014.

Co obxectivo de establecer un contacto máis próximo coas diferentes casas rexionais da Comunitat Valenciana, e coñecer de primeira man as actividades que realizan, así como as súas inquedanzas e necesidades, a Directora General de Participació Ciutadana do Goberno Valenciano, María Barrios Hermida, realizou unha visita por distintas entidades rexionais de Castellón.

Durante a realizada o pasado mes de marzo tivo ocasión de comprobar o dinamismo das casas rexionais plasmado na organización de múltiples actividades a través das cales difunden a cultura e tradicións das súas comunidades de orixe. No seu itinerario visitou, en primeiro lugar, o Centro Aragonés, continuando co Centro Cultural Andaluz, o Centro Asturiano e o Centro Galego "O Aturuxo".

Na súa estadía nas novas instalacións do centro Galego "O Faiado", que serán inauguradas o próximo verán polo secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodriguez Miranda, a directora xeral asinou no Libro de Honra do centro, e o presidente da entidade, Xosé Filgueira, fíxolle entrega dunha figura de cerámica galega, en agradecemento pola súa visita así como en lembranza das súas raíces galegas.

947 lecturas