A Secretaría Xeral da Emigración felicita o 25 de xullo a toda a colectividade galega do mundo recordando os mellores momentos do VI Día da Galicia Exterior

O VI Día da Galicia Exterior celebrouse o 9 de xullo en Santiago de Compostela
O VI Día da Galicia Exterior celebrouse o 9 de xullo en Santiago de Compostela
Vídeo felicitación do 25 de xullo, Día de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración quere felicitar a tódolos galegos e galegas do mundo neste 25 de xullo, Día de Galicia, a través dun vídeo que rememora a exitosa celebración do VI Día da Galicia Exterior.

O VI Día da Galicia Exterior reuniu a máis dun milleiro de galegas e galegos do exterior nas prazas históricas de Santiago de Compostela para celebrar xuntos este Ano Santo Xacobeo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, traslada, mediante as mellores imaxes desta xornada tan especial, a súa felicitación para todas e todos os galegos que residen en calquera recuncho do mundo, agradecendo especialmente, o traballo que realizan as entidades galegas en apoio aos nosos cidadáns e cidadás do exterior así como na proxección e promoción da nosa cultura nos países onde se atopan.

249 lecturas