A delegada da Xunta en Montevideo reúnese co cónsul de Uruguai en Galicia para reforzar a colaboración institucional entre ambos territorios

A delegada da Xunta en Montevideo reúnese co cónsul de Uruguai en Galicia para reforzar a colaboración institucional entre ambos territorios.
A delegada da Xunta en Montevideo reúnese co cónsul de Uruguai en Galicia para reforzar a colaboración institucional entre ambos territorios.
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 22 de maio de 2025.

A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, recibiu na sede da Delegación en Montevideo ao cónsul de Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, para reforzar a colaboración institucional entre ambos territorios.

Trataron temas de colaboración en materia cultural, especificamente no ámbito económico, así como a importancia de preparar o tecido empresarial galego e uruguaio para un escenario de internacionalización, unha vez ratificado o acordo entre a Unión Europea e o MERCOSUR. Ademais, acordouse a organización de encontros con entidades como AUACS e AEGU, fortalecendo os lazos institucionais e abrindo novas vías de cooperación entre Galicia e Uruguai.

289 lecturas