Curso de alemán gratuíto para menores de 35 anos residentes en Suíza

A Asociación Gallega de Formadores (Agafor) organiza a distancia o curso de alemán "Hallo Suíza", subvencionado pola Dirección Xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España. O curso é totalmente gratuíto e está dirixido a mozas e mozos españois menores de 35 anos, residentes en Suíza dende antes do 8 de abril de 2014 e inscritas ou inscritos como residentes no Rexistro de Matrícula Consular, tanto en situación de desemprego coma ocupadas ou ocupados.
Trátase dunha formación en modalidade "e-learning" (teleformación), perfectamente compatible cunha xornada laboral. Dende o campus virtual poderase acceder a todo o material audiovisual, actividades, chats, foros e manteranse titorías co persoal docente de formación. Semanalmente, realizaranse videoconferencias para practicar as conversacións.
Hai 30 prazas e a data límite para inscribirse é o 15 de xaneiro de 2015.
Fonte: www.espanoles.ch
Novas relacionadas