A Consellería de Cultura e Educación realiza unha visita institucional á Academia Arxentina de Letras

No marco da súa viaxe a Bos Aires para apoiar o sector editorial galego na feira do libro, o secretario xeral de Cultura reuniuse con membros desta institución, á que lle fixo entrega da obra ‘Nimbos’ de Xosé María Díaz Castro. 

  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, realizou unha visita institucional á Academia Arxentina de Letras
    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, realizou unha visita institucional á Academia Arxentina de Letras

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 25 de abril de 2014.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, realizou unha visita institucional á Academia Arxentina de Letras, no marco da súa viaxe a Bos Aires para apoiar a participación do sector editorial galego na Feira Internacional do Libro, que se celebra estes días na capital porteña.

Alí foi recibido pola vicepresidenta da entidade, Araceli Zorrilla, e polas e polos tamén académicos Antonio Requeni, Jorge Cruz, Olga Fernández Latour, Norma Carricaburo, Pablo Adrián Cavallero, Noemía Ulla, Rodolfo Godino, Santiago Kovaloff e Abel Posse. Durante o encontro, as e os membros da academia informaron a Anxo Lorenzo dos proxectos que está a desenvolver a institución e intercambiaron puntos de vista sobre as principais iniciativas que levan a cabo as dúas entidades a prol da lingua e da literatura

Ademais, o secretario xeral de Cultura fíxolle entrega á vicepresidenta dalgunhas obras da literatura galega, entre elas Nimbos e Sombras radiantes, de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2014; a edición facsimilar de Cantares gallegos coeditada pola Xunta de Galicia, o Parlamento Galego e o Consello da Cultura Galega; e mais a obra Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas. O Pergamiño Vindel, que, editada conxuntamente pola Xunta de Galicia, polo Parlamento galego e pola Real Academia Galega (RAG), conmemora o centenario da descuberta do pergamiño que deu a coñecer sete cantigas de amigo do xograr galego Martin Codax. Dende agora, estas obras pasarán a formar parte da Biblioteca Jorge Luis Borges da Academia Arxentina de Letras, que atesoura máis de 130.000 volumes

Na visita á academia, o secretario xeral de Cultura estivo acompañado pola subdirectora xeral de Bibliotecas da Xunta de Galicia, Cristina Rubal, e polos escritores Armando Requeixo, Luís G. Tosar e Luis Pousa, autores convidados á XL Feira Internacional do Libro de Buenos Aires.

Terzo da Fala
Ademais, o secretario xeral de Cultura tamén tivo ocasión de coñecer o labor que vén promovendo desde Arxentina a Asociación Cultural Terzo da Fala. No centro Lalín, Anxo Lorenzo conversou con algunhas e algúns dos membros da entidade, que se xuntan frecuentemente para compartir información sobre a actualidade de Galicia, sobre a música e a literatura galegas etc., e para realizar iniciativas culturais que permitan manter viva a identidade galega entre as novas xeracións de emigrantes.

1370 lecturas