Concurso "Lingua de Amor 2010"
Concurso de mensaxes e cancións na rede: declaracións de amor en galego.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet presentámosvos a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través da internet.
Obxectivos do concurso
Un dos obxectivos principais deste concurso é estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.
Pretendemos vincular as rapazas e rapaces de Galicia coa súa lingua e incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para as actividades de lecer e momentos de diversión: o galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, facer amizades e... por que non? Tamén para formar parellas!
Este concurso organízao o Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O concurso Lingua de amor consta de dúas modalidades:
MODALIDADE 1 Declaracións de amor en galego a través da rede.
Novas relacionadas



