Cinco centros galegos de España e Europa celebran o seu corenta aniversario coincidindo co da Constitución española

As entidades vascas de Elgoibar e A Carballeira, a catalá de Sabadell, a andaluza de Málaga e a francesa de Marsella lanzan unha mensaxe de unidade e fraternidade a todas as galegas e os galegos espallados polo mundo.

As cinco comunidades galegas no exterior comparten cos máis de medio millón de galegas e galegos e preto de duascentas entidades existentes fóra da Galicia territorial unha mensaxe de unidade e fraternidade
As cinco comunidades galegas no exterior comparten cos máis de medio millón de galegas e galegos e preto de duascentas entidades existentes fóra da Galicia territorial unha mensaxe de unidade e fraternidade
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de decembro de 2018.

Cinco centros galegos espallados por España e Europa están a celebrar este ano o seu corenta aniversario, coincidindo coa conmemoración da democracia e a promulgación da Constitución española. Os responsables das cinco comunidades galegas no exterior quixeron aproveitar esta efemérides para compartir cos máis de medio millón de galegas e galegos e preto de duascentas entidades existentes fóra da Galicia territorial unha mensaxe de unidade e fraternidade, así como de defensa dos valores constitucionais e da cultura e tradición galegas.

“Gracias a la Constitución y a la democracia en España, en estos 40 años de vida hemos podido expresar y difundir con total libertad y alegría el sentimiento de nuestras raíces gallegas: cultura, historia, costumbres...”, sinalan desde a Sociedad Cultural Recreativa Carballeira, situada no concello de Zarautz. Desde a provincia de Guipúscoa, o centro galego só ten palabras de agradecemento para a súa terra de acollida e para a de orixe, integradas na entidade como unha soa: “Hemos sido bien acogidos en nuestra emigración y hemos podido sembrar nuestras raíces de carballo en nuevas tierras, acercando Galicia un poco más al resto de España. Gracias a todos los que lo han hecho posible”.

Tamén desde o País Vasco explica a Casa Cultural de Galiza de Elgoibar que “estos 40 años de nuestra entidad, dentro de la democracia, hay que valorarla muy positivamente. Dentro de nuestra entidad, nos ha permitido expresarnos con total libertad e igualdad, y ayudado a promover y mantener nuestros orígenes y nuestra cultura”. “Nuestra entidad está situada en otra provincia, con su propia cultura y lenguaje, y el hecho de vivir en democracia nos ha facilitado la integración y la colaboración con otras entidades culturales, organismos políticos, independientemente de su ideología, y demás instituciones, creando un clima de unión, igualdad y pluralismo socio cultural”, engade. O centro radicado na localidade guipuscoana agradeceu, “asimismo, a la Secretaría Xeral da Emigración por su apoyo constante recibido en todos estos años, ya que sin su ayuda incondicional no habríamos podido llegar a cumplir estos 40 años”.

A colectividade galega de Cataluña é outra das que está de celebración este ano. Non só por ter sido a anfitriona da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas de 2018 hai apenas dúas semanas, os pasados días 12 e 13 de decembro, senón por ser testemuñas dun ano máis de historia do Centro Galego Nós Sabadell que, como recoñece, “celebra este ano o 40 aniversario en democracia”. “A entidade é referente da cultura galega en Sabadell e contou sempre coa axuda e colaboración do Goberno galego”, engade.

O sur de España está representado na listaxe de entidades que foron nadas coa Constitución española polas e polos galegos de Malága. “Para el Centro Gallego de Málaga, al cumplir sus 40 años de existencia, es un honor compartir y celebrar este acontecimiento con todos los gallegos de la diáspora con la creencia de que nuestro compromiso en la divulgación de la cultura, la lengua y las tradiciones gallegas, siempre dentro de la libertad y la tolerancia, hayan contribuido, de alguna manera, en lograr los 40 años de democracia y régimen constitucional que disfrutamos todos los españoles”.

Ademais, non só España, tamén o corazón de Europa celebra este ano o aniversario dun anaco da galeguidade. Francia acubilla unha das entidades que viron a luz e medraron ao carón da democracia española. Desde unha das cidades máis emblemáticas do país veciño chega un desexo compartido por todos os galegos e as galegas do mundo: “El Centro Gallego de Marsella nació en el año 1978, el mismo año que la Constitución española. Fueron 40 años de labor y esfuerzos para mantener la cultura española y gallega en Francia. ¡Es un orgullo poder celebrar 40 años y esperemos muchos más!”.

375 lecturas