De Chile ata A Coruña

Un coruñés residente no país sudamericano logrou poñer en contacto a través dun blog a todo un grupo de amigos da infancia do seu barrio.

Listen to this page using ReadSpeaker
24 de setembro de 2009.

Tan só o moveu a súa afección por Internet xunto co desexo de non perder as súas raíces. Con estes ingredientes, Paco logrou reunir decenas de persoas que formaron parte dun grupo de amigos da infancia na década dos sesenta.

A súa vida
Todo comezou aos dez anos, cando este coruñés residente en Chile se trasladou a vivir xunto á súa familia a París, aínda que volveu cada ano a veranear á cidade herculina.

Finalmente, asentouse en Santiago de Chile coa súa muller e fillos, onde sempre recordou os seus amigos e familiares galegos. Por iso, decidiu crear unha páxina web na que colgou fotografías de todos os eventos que celebraba a súa familia, actualmente distribuída por Chile, España e Francia.

Un día decidiu dar un paso máis e colgou unha foto dun grupo de nenos no barrio de Labañou. Agora, pouco a pouco o número de usuarios do blog foi crecendo, e ao mesmo ritmo o número de fotografías e a cantidade de información sobre a época. Así, este grupo chegou a recompilar un grande arquivo fotográfico que é visualizado a diario por numerosas persoas dende todo o mundo.

1284 lecturas