A Casa de Galicia de Montevideo inaugurou a Policlínica de saúde 'Xosé María Barreiro' e celebrou o Día de Galicia
A senlleira entidade galega na capital uruguaia acadará en 2017 os cen anos da súa fundación.
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2014.
O pasado 1 de agosto foi un día moi especial para a Casa de Galicia de Montevideo, xa que á apertura da Policlínica de saúde Xosé María Barreiro sumouse á noite un gran espectáculo de folclore galego, celebrando o mes de Galicia e homenaxeando ao Apóstolo Santiago, que exemplifica o outro gran eido que ten a esta institución galega no Uruguai, a parte sociocultural.
Como se amosa nas imaxes, o numeroso público, entre o que se atopaba o embaixador de España no Uruguai -o galego Roberto Varela- aplaudiu entusiasmado as múltiples mostras do noso folclore e cultura que se representaron no escenario do Salón de Actos da institución.
Novas relacionadas














