Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
17Xuño2022Rueda destaca o compromiso da Xunta co apoio ás e aos retornados a través de liñas de axudas que suman máis de 5,5 M€ de investimento audio O presidente da Xunta participou no encontro cos beneficiarios e beneficiarias das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME). A Xunta ofertará o vindeiro curso 250 bolsas BEME, 50 máis que nesta edición, ante o aumento de solicitudes. O Goberno galego conta con varios programas para impulsar que as e os galegos no exterior regresen a estudar e traballar á comunidade ou para fomentar o emprendemento entre os retornados e retornadas. O... Máis información
-
16Xuño2022O saldo migratorio de Galicia seguiu a ser positivo en 2021 en 14.448 persoas audio A Estatística de Variacións Residenciais (EVR) do Instituto Nacional de Estadística destaca que o ano pasado retornaron do estranxeiro a Galicia 5.381 persoas. Cabe destacar que os datos da poboación máis nova son tamén positivas, acadándose un saldo de 4.342 persoas, chegando a Galicia máis mozos e mozas dos que saíron. A Estatística de Variacións Residenciais (EVR), publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE), confirman a... Máis información
-
16Xuño2022Emigración convoca o programa “Conecta co Xacobeo”, destinado a que 250 galegas e galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América, percorran o Camiño de Santiago audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegas e galegos do exterior de entre 18 e 64 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. Recupérase así a convocatoria para as persoas dos centros galegos de América. O programa desenvolverase na segunda quincena de setembro, percorrendo os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas. O Diario Oficial de Galicia fixo pública hoxe... Máis información
-
15Xuño2022O documental “Welcome to ma maison”, protagonista da proxección de xuño do Ciclo Mestre Mateo nas entidades galegas do exterior audio O documental Welcome to ma maison será o protagonista no mes de xuño do ciclo de proxeccións Mestre Mateo que permitirá desfrutar en oito centros galegos do exterior deste documental, finalista na edición deste ano dos premios do mesmo nome. Esta actividade organízase dende a Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas. O Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres será o... Máis información
-
14Xuño2022Miranda evidencia o esforzo de adaptación da Administración galega durante a pandemia para apoiar ás e aos cidadáns do exterior e reclama a mesma implicación do Estado audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Madrid ao Primeiro Pleno do VIII Mandato do Consejo General da Ciudadanía Española Exterior. O responsable do departamento autonómico recordou ao Goberno central que se debe dar celeridade ao desenvolvemento das medidas necesarias para unha eficaz aplicación dos cambios do voto exterior, a reforma en materia de nacionalidade, así como poñer en marcha políticas activas... Máis información
-
13Xuño2022Emigración convoca á Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 8 de xullo audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta reunión que se celebrará a véspera do Día da Galicia Exterior e que, por primeira vez en dous anos, poderá ser presencial. Analizaranse temas como a situación das Comunidades Galegas no mundo e a aplicación dos diversos programas sociais. Dende 2020 realizáronse cinco reunións da Comisión Delegada, todas elas, de xeito telemático. O Diario Oficial de Galicia fixo pública a convocatoria da Comisión... Máis información
-
12Xuño2022Miranda agradece ás entidades asistentes ao XXVII Día de Galicia en Castela e León o seu coidado pola cultura e a lingua galegas audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Burgos ao XXVII Día de Galicia en Castela e León, onde aproveitou para dar a benvida a Galicia a todas e todos os que queiran realizar o Camiño de Santiago dende esta comunidade aproveitando a celebración do Ano Santo Xacobeo e agradeceu ás entidades galegas o traballo a prol da cultura e lingua de Galicia. Ao acto asistiron, ademais do secretario xeral, numerosas e... Máis información
-
11Xuño2022Miranda asiste en Córdoba aos actos da XII Xuntanza de Centros Galegos en Andalucía, Estremadura e Ceuta audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Córdoba á XII Xuntanza de Centros Galegos en Andalucía, Estremadura e Ceuta, onde estiveron presentes máis de dous centenares de socias e socios das diferentes entidades, celebrando unha xornada de irmandamento na que se puido desfrutar de actuacións culturais e musicais galegas e coñecer o patrimonio artístico da cidade anfitrioa. Ao acto asistiu o alcalde de... Máis información
-
10Xuño2022Miranda e o seu homólogo da Junta de Andalucía recordan o labor decidido de ambas comunidades polo retorno das e dos seus cidadáns do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta tarde en Sevilla un encontro de traballo co secretario xeral de Acción Exterior da Junta de Andalucía, José Enrique Millo Rocher, co obxectivo de analizar as políticas de retorno aplicadas por ambas comunidades autónomas, recordando que tanto Galicia como Andalucía están a aplicar medidas decididas para que os seus cidadáns e cidadás residentes no exterior poidan optar... Máis información
-
09Xuño2022Miranda recibe ás autoridades do Goberno de Córdoba da Arxentina, dentro da rolda de contactos oficiais coas autoridades dos países con maior presenza galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede da Secretaría Xeral, aos representantes do Goberno da Provincia de Córdoba (Arxentina), dentro da rolda de contactos oficiais que está a levar a cabo coas distintas autoridades dos países que contan con maior presenza galega. No encontro estiveron presentes o secretario de Integración Regional do Goberno desta provincia, Jorge Luciano Montoya, e o subsecretario... Máis información
Páxinas |