A asociación galega Hijos de Lorenzana celebrou na Habana o Día Internacional da e do Migrante
No acto foron agasalladas varias socias da entidade.
A presidenta da entidade, Josefina Rodríguez, destacou a importancia da data e produciuse un animado intercambio de anécdotas sobre o que para o medio centenar de asistentes supuxo a emigración.
Con motivo da celebración do Día Internacional das Migracións a asociación galega Hijos de Lorenzana efectuou o pasado 18 de decembro un encontro no salón das vitrinas do antigo Pazo do Centro Gallego da Habana no que participaron medio centenar de asociados.
Durante a reunión foron agasallados as emigrantes galegas Hilaria Rodríguez, María Pérez Cubillas, Modesta Lombardero, Julia Baamonde, María Elena Moreira, e Elena Vázquez, entre outras.
Na actividade interveu a presidenta da asociación, Josefina Rodríguez Rodríguez, quen destacou nas súas palabras a importancia da data e logrou un animado intercambio de anécdotas entre as emigrantes presentes, o que resultou moi interesante para todos os asociados e asociadas.
Ademais, ofreceuse un brinde ás persoas participantes e entregáronse belos recordos ás e aos emigrantes no seu día. Hijos de Lorenzana fundouse o 24 de abril do 1911, e actualmente conta con 285 persoas asociadas, das cales 14 son naturais de Galicia. O Executivo Social intégrano: Josefina Rodríguez Rodríguez, presidenta; José López Botello, vicepresidente; Juan A. Morente, secretario, e Graciela Carballo, tesoureira.
Fonte: Galicia Exterior | Foto: Galicia Exterior
Novas relacionadas



