A Casa de Galicia de Montevideo festexou o seu 95º aniversario cunha Grande Romaría

Esta histórica institución conta con milleiros de persoas asociadas.

Así mesmo, é membro permanente da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

  • A procesión coa imaxe da Virxe da Inmaculada Concepcion de María partiu dende o Hogar Español.
    A procesión coa imaxe da Virxe da Inmaculada Concepcion de María partiu dende o Hogar Español.
  • As e os asistentes percorreron en procrsión varías das rúas ca capital uruguaia.
    As e os asistentes percorreron en procrsión varías das rúas ca capital uruguaia.
  • Moitas e moitos integrantes da colectividade galega foron os que participaron desta festividade.
    Moitas e moitos integrantes da colectividade galega foron os que participaron desta festividade.
  • Chegouse ata a Quinta que a entidade ten a carón do sanatorio, na compaña de bandeiras e traxes tradicionais.
    Chegouse ata a Quinta que a entidade ten a carón do sanatorio, na compaña de bandeiras e traxes tradicionais.
  • Chegouse ata a Quinta que a entidade ten a carón do sanatorio, na compaña de bandeiras e traxes tradicionais.
    Chegouse ata a Quinta que a entidade ten a carón do sanatorio, na compaña de bandeiras e traxes tradicionais.
  • Foi instalada unha carpa na Quinta, aínda que o bo tempo acompañou.
    Foi instalada unha carpa na Quinta, aínda que o bo tempo acompañou.
  • Na foto, parte da directiva e xerencia da entidade.
    Na foto, parte da directiva e xerencia da entidade.
  • O xantar estivo amenizado con música tradicional galega.
    O xantar estivo amenizado con música tradicional galega.
  • Polbo á feira, empanada ou paella foron  algúns dos pratos que se puideron degustar.
    Polbo á feira, empanada ou paella foron algúns dos pratos que se puideron degustar.
  • Imaxe das e dos case un milleiro de asistentes á Romaría.
    Imaxe das e dos case un milleiro de asistentes á Romaría.
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo, 30 de novembro de 2012.

Co gallo da celebración do 95 aniversario da Casa de Galicia de Montevideo, o día 25 de novembro pasado rematáronse as festividades coa organización dunha grande Romaría como fai moitos anos non se facía nesta histórica institución galega da capital do Uruguai.

O festexo comezou coa saída en procesión da imaxe da Inmaculada Concepcion de Maria que, dende o Hogar Español para Anciáns, percorreu polas rúas montevideanas o treito que os separa ata a Quinta que a institución posúe a carón do seu hospital. Alí, nun clima de xolgorio e algarabía case un milleiro de persoas brincaron ao son das gaitas e xantaron as comidas típicas de Galicia, gozando dunha tradición recuperada despois de case vintecinco anos.

829 lecturas