Emigración participa na inauguración da exposición “Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia”, en Ortigueira
A subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración, Isabel Martínez Pellicer, asistiu á inauguración da exposición Luces de Alén Mar. As escolas de Americanos en Galicia, no antigo centro escolar de San Claudio en Ortigueira, e que ten como obxectivo dar a coñecer as construcións escolares realizadas grazas ás aportacións das e dos emigrantes.
Esta exposición realízase en colaboración co Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, trala investigación realizada por esta entidade sobre as accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles e aquelas que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.
Novas relacionadas




