Arxentina, Uruguai, Venezuela, Reino Unido e Portugal, principais países das e dos beneficiarios das bolsas BEME para o curso académico 2022/23

Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME
Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME
BEME 2022-2023 - Países de orixe
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2022.

Arxentina, Venezuela e Uruguai, seguidos de Brasil, Reino Unido e Portugal, son os principais países de procedencia dos beneficiarios e beneficiarias da nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME. En total, 102 alumnas e alumnos accederon á Universidade de Vigo, 80 á Universidade de Santiago e 59 á Universidade de A Coruña.

Este programa da Secretaría Xeral da Emigración facilita o acceso a un máster dunha das tres universidades de Galicia para galegas e galegos do exterior e chega así á súa sexta edición, permitindo o retorno de mozos e mozas de 19 países do exterior cunha alta cualificación. O obxectivo desta iniciativa é que poidan asentarse na comunidade autónoma como lugar de residencia, apostando tanto polo autoemprego como polo traballo nas empresas galegas.

253 lecturas