América Latina tínguese de vermello para celebrar o triunfo de España no Mundial de fútbol

En Bos Aires, onde viven 300.000 españois, na súa maioría de orixe galega, máis dun milleiro reuníronse para celebrar con gaitas, bandeiras e sidra.

Listen to this page using ReadSpeaker
16 de xullo de 2010.

Países como Arxentina, México e Uruguai sumáronse á afección española para apoiar á Roja dende o outro lado do Atlántico na conquista do Mundial de fútbol do 2010. En Bos Aires, cidade onde residen preto de 300.000 españois, na súa maioría de orixe galega, máis dun millar reuníronse para celebrar con gaitas, bandeiras e sidra, o triunfo de España ante Holanda. En México D.F, na Praza Cibeles, preto de 5.000 españois que actualmente residen no país reuníronse para celebrar a vitoria da selección de Vicente del Bosque.

En Uruguai, dous centos de persoas acompañaron o partido final no Club Español de Montevideo, nunha sala decorada con numerosas bandeiras españolas. Tras o resultado, unha caravana de coches conducidos por emigrantes, estudantes españois que viven temporalmente no país e simpatizantes uruguaios percorreron a capital para celebrar a primeira conquista de España nun Mundial.

1651 lecturas