Abertas as inscricións nos cursos de folclore galego da Irmandade Galega na Suíza

A entidade ten a súa sede social na localidade de Onex (cantón de Xenebra)
A entidade ten a súa sede social na localidade de Onex (cantón de Xenebra)
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017.

A Irmandade Galega na Suíza (1973) ten aberta a inscrición para as clases de baile galego -dende os 3 anos- gaita e canto e pandeireta que organiza esta entidade do cantón de Xenebra.

Horarios:

  • Gaita: luns de 18:30 a 19:45 h
  • Canto e pandeireta: luns de 19:45 a 21:00 h
  • Baile:
    -Pequenos/as: mércores dende as 17:15 ata as 18:00 h
    -Medianos/as: mércores dende as 18h:00 ata as 19:00 h
    -Adultos/as: mércores dende as 19:00 ata as 20:30 h

Para máis información, enviar mensaxe privada polo facebook ou contactar no teléfono 0768221175.

309 lecturas