105º aniversario do Himno Galego
Con letra de Eduardo Pondal e partitura de Pascual Veiga, soa por primeira vez pública e oficialmente o día 20 de decembro de 1907 no Gran Teatro do Centro Gallego de La Habana.
O himno galego conxuga o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.
O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por "fogar de Breogán". Soa por primeira vez pública e oficialmente o día 20 de decembro de 1907 no Gran Teatro do Centro Gallego de La Habana, executado pola Banda Municipal da Habana.
HIMNO GALEGO
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
![]() Documentación asociada | |
|---|---|
| 174.6 KB | |
| 1.83 MB | |
| 1.06 MB | |
| 793.46 KB | |
| 1.14 MB |
Novas relacionadas




