Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
11Setembro2026Miranda recibe a integrantes do Centro Galego Mar del Plata audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu en Santiago a máis de 20 integrantes do Centro Galego Mar del Plata, chegados á cidade tras facer o Camiño de Santiago. Unha experiencia que une raíces, convivencia e vínculo con Galicia. Máis información
-
11Setembro2026A Xunta impulsa coas feiras do Brasil o interese no Retorna Cualifica Emprego no que xa se ofertan máis de 750 vacantes á comunidade galega do exterior audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse esta semana con membros da Asociación Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago, de Salvador de Bahía. José González destaca que a estas citas celebradas o pasado mes de xuño en São Paulo e Salvador de Bahía asistiron en total preto de 2.400 persoas que puideron coñecer as oportunidades de retorno a Galicia. Esta acción está vinculada ao Retorna Cualifica Emprego, incluído na... Máis información
-
10Setembro2026A Xunta destaca as 37.000 solicitudes atendidas xa nas Oficinas de Retorno desde a súa posta en marcha audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe a Oficina Móbil do Retorno ao seu paso por Sarria. Salienta o papel desta unidade itinerante, que complementa a atención presencial e que xa prestou asesoramento a máis de 750 familias en 232 concellos galegos. En Lugo, a Oficina de Retorno leva atendido máis de 4.000 persoas, mentres que a unidade móbil realizou 82 desprazamentos a 49 concellos desde 2024. Miranda tamén... Máis información
-
09Setembro2026A Xunta reafirma o apoio á comunidade galega retornada salientando que este ano se superarán as 1.340 axudas extraordinarias concedidas en 2025 audio O secretario xeral da Emigración participou hoxe en Caldas de Reis na inauguración da nova sede da Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU). Antonio Rodríguez Miranda lembrou que o 30 de setembro remata o prazo de solicitude tanto das axudas extraordinarias como das dirixidas ao autoemprego por parte de persoas retornadas, das que se concederon en 2025 un total de 145 achegas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez... Máis información
-
08Setembro2026Miranda reforza o vínculo de Galicia con México nun encontro co cónsul honorario audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul honorario de México en Galicia, Alfonso Pereira, no que puxeron en valor os lazos que unen os dous territorios. Durante a reunión, Miranda salientou o labor do consulado á hora de dinamizar as relacións sociais, económicas e culturais entre Galicia e México, e a importancia de atender ás comunidades de persoas emigrantes en cada territorio. A comunidade... Máis información
-
07Setembro2026Miranda pon en valor o compromiso do Centro Galego de Lleida coa difusión da cultura e das tradicións galegas en Cataluña audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co presidente do Centro Galego de Lleida, Eligio Suevos, no que abordaron a actividade que desenvolve a entidade e os seus próximos proxectos para continuar promovendo a cultura e as tradicións de Galicia en Cataluña. Miranda destacou o importante papel dos centros galegos como espazos de convivencia que permiten manter o vínculo coa terra e transmitir a... Máis información
-
03Setembro2026Miranda agradece ao Lar Gallego de Pamplona o seu traballo para achegar Galicia ás novas xeracións audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa presidenta do Lar Galego de Pamplona, María Jesús Rodríguez, e membros da directiva no que analizaron a actividade que desenvolve a entidade e os seus proxectos para continuar achegando Galicia á colectividade galega residente en Navarra. Miranda puxo en valor especialmente as iniciativas culturais impulsadas polo Lar, destacando o seu papel na preservación e... Máis información
-
02Setembro2026Visita dos participantes do Conecta co Voluntariado en Galicia á Secretaría Xeral da Emigración audio Un encontro para coñecer máis de preto Galicia e seguir reforzando os vínculos coa terra. Os participantes do programa Conecta co Voluntariado en Galicia visitaron esta mañá a Secretaría Xeral da Emigración, onde compartiron un encontro co secretario xeral, Antonio Rodriguez Miranda, antes de continuar cunha experiencia que combina voluntariado, convivencia e achegamento ás súas raíces. Esta oportunidade tamén serviu para que os mozos e mozas... Máis información
-
01Setembro2026Miranda aborda con Emma Suevos novas vías de colaboración cultural co Centro Español de Ingolstadt audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa presidenta do Centro Español de Ingolstadt, Emma Suevos, co obxectivo de explorar novas vías de colaboración cultural que permitan achegar Galicia e as súas expresións culturais á colectividade residente nesta cidade alemá. Durante a reunión, ambos analizaron posibles iniciativas e actividades que contribúan a reforzar a presenza da cultura galega e a favorecer... Máis información
-
31Agosto2026López Campos destaca “a implicación co noso patrimonio máis senlleiro das xeracións máis novas” audio O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visitou no Castro de Viladonga á mocidade galega do exterior que participa nun campo de traballo no marco de ‘Modo Verán Activo’. A iniciativa da campaña de verán da Consellería de Cultura organízase xunto coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través do programa ‘Conecta co Voluntariado en Galicia’. O responsable de Xuventude salienta “a oportunidade de convivencia con mozos e mozas... Máis información
Páxinas |









