Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
08Xaneiro2026O secretario xeral da Emigración mantén un encontro de traballo coa á delegada da Xunta en Uruguai para coordinar e planificar o ano que comenza: “A coordinación coas delegacións é clave para dar unha resposta eficaz á colectividade galega no exterior” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha reunión de traballo coa delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, co obxectivo de planificar as liñas de actuación para este novo ano e coordinar a acción institucional no país. No encontro analizáronse as prioridades comúns e a axenda de actividades previstas para seguir reforzando a atención á colectividade galega... Máis información
-
06Xaneiro2026Diálogo, acompañamento e compromiso: Galicia no mundo durante 2025 audio Ao longo deste ano, o secretario xeral da Emigración estivo presente en numerosos países para manter un contacto directo coa colectividade galega no exterior: Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai, Venezuela, Cuba, Panamá, México, Estados Unidos, Suíza, Francia, Portugal e España. Un percorrido marcado polo diálogo, o acompañamento e o compromiso coa nosa diáspora, reforzando os lazos que manteñen viva a galeguidade en calquera lugar do mundo. O... Máis información
-
05Xaneiro2026Antonio Rodríguez Miranda analiza a situación que vive a colectividade galega en Venezuela no programa "Bos Días" da TVG audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no programa Bos Días, da Televisión de Galicia, onde analizou a situación que vive a colectividade galega en Venezuela. Durante a entrevista, Miranda abordou a situación das familias galegas residentes en Venezuela e o seguimento permanente que realiza a Xunta de Galicia para garantir información, apoio e acompañamento ás persoas galegas no exterior. Galicia mantense... Máis información
-
03Xaneiro2026A Xunta acerca a cultura galega a preto de 1.500 alumnos a través da formación nas Comunidades Galegas do exterior audio Este ano impartíronse medio centenar de obradoiros culturais desenvolvidos en 40 entidades do exterior de máis de 10 países do mundo con formadores desprazados desde Galicia. Déuselle formación de alta especialización a medio cento de formadores de ata 10 países do exterior no programa de Escolas Abertas en Galicia. A Xunta de Galicia fixo balance positivo dos programas Obradoiros e Escolas Abertas, dúas iniciativas complementarias da... Máis información
-
02Xaneiro2026Un ano de encontros e aprendizaxes: Vídeo - Resumo dos Programas da SXE, no ano 2025 audio O 2025 foi un ano de encontros e aprendizaxes. Un tempo no que Galicia estivo máis preto de quen vive fóra, grazas a programas que conectan xeracións, talentos e historias de vida. Escolas Abertas, Aula Galicia Aberta, Saborea Galicia Calidade, Conecta co Voluntariado, Retorno Emprendedor, o XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, Conecta con Galicia no Camiño, as BEME ou os Reencontros con Galicia forman parte dun mesmo camiño: manter... Máis información
-
01Xaneiro2026A colaboración entre a Xunta e as dioceses permitiu que no 2025 10.000 persoas galegas do exterior conseguisen documentación sobre a súa orixe familiar audio Ante o incremento sostido das solicitudes, o Goberno galego reforza esta colaboración co obxectivo de garantir unha atención rigorosa e áxil ás persoas residentes no exterior. A Xunta de Galicia mantén unha colaboración estable coas dioceses galegas para facilitar ás persoas emigrantes galegas e á súa descendencia a consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia. Este traballo conxunto abrangue a Arquidiocese de Santiago... Máis información
-
31Decembro2025Discurso de Fin de Ano 2025 de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia audio Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (1): https://youtu.be/6l6uAPRTruY Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (2): https://youtu.be/MDHhFOEfd1g Alfonso Rueda - Balance do Ano 2025 (3): https://youtu.be/Hg6v_F05ow4 Discurso de Fin de Ano 2025 de Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia Hoxe despedimos un 2025 intenso, que convida a facer balance con serenidade. Foi tamén o Ano Castelao, unha oportunidade para mirar Galicia con perspectiva e... Máis información
-
30Decembro2025A Xunta leva a Mar del Plata a mensaxe do Camiño de Santiago como símbolo de identidade europea e de unión cultural audio O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, xunto coa vicecónsul de España en General Pueyrredón, Claudia Álvarez Argüelles, participou este luns na inauguración da exposición "Camino de Santiago", primeiro itinerario cultural europeo, que se pode visitar na galería de exposiciones do Hotel Costa Galana de Mar del Plata. A mostra, ofrece un percorrido visual polos territorios europeos que forman parte da Federación... Máis información
-
29Decembro2025Miranda: “O Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, que en 2026 celebrará o seu 125 aniversario, é unha referencia da galeguidade en Euskadi” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo co presidente do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, Urbano Alba, na que destacou o papel desta entidade como un dos principais espazos de cohesión social e preservación da identidade galega no País Vasco. Durante o encontro, Miranda puxo en valor a longa traxectoria do Centro Galego de Bizkaia, que no ano 2026 conmemorará o seu 125 aniversario,... Máis información
-
28Decembro2025Titulo especial (28D - DÍA DOS SANTOS INOCENTES): Non tes que ter un vínculo xeográfico con Galicia para ser galego? audio Sabes que xa non tes que ter un vínculo xeográfico con Galicia para ser galego? O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dá todas as chaves sobre este novo título da Xunta, que dá acceso a numerosas vantaxes. Solicita o teu! Envíanos a túa pregunta para o secretario xeral a sxecontigo@xunta.gal Máis información
Páxinas |









