Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
27Outubro2025A Xunta reforza a batería de medidas dirixidas a formar e reter o talento da mocidade cun investimento total no 2026 de preto de 30 M€ audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración compareceu no Parlamento galego para explicar as contas do seu departamento para 2026, dotadas con preto de 497 M. José González explicou que tamén se fortalecerá a formación de talento xunto co tecido local co pulo a ferramentas como os obradoiros e programas integrados de emprego e o Aprol Rural, dotadas cun investimento global no 2026 de máis de 74 M€. Lembrou que se impulsará o modelo galego... Máis información
-
27Outubro2025A Xunta celebrará a Gala de Xuventude Crea 2025 o 19 de decembro tras a inscrición de 600 persoas audio O Consello avalía a décimo sexta edición dun certame que supón un escaparate para visibilizar o talento da mocidade en diversos eidos, con 16 categorías en total. A iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude suma desde o seu comezo preto de 6.000 participantes e máis de 4.000 obras presentadas. Tamén se segue a apostar polas novidades introducidas o ano pasado, abrindo a proposta aos galegos do exterior, incorporando máis... Máis información
-
25Outubro2025A Xunta urxe ao Goberno a acelerar a homologación das titulacións universitarias dos bolseiros BEME para potenciar o seu talento e inserción laboral en Galicia audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou na benvida aos actuais beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2025/26. José González destacou a eficacia desta iniciativa integrada na Estratexia Galicia Retorna como instrumento de retorno e fixación de talento cualificado, e animou aos novos bolseiros a que esta experiencia sexa o inicio dun proxecto estable en Galicia. Fixo fincapé nas medidas de acompañamento e impulso... Máis información
-
23Outubro2025O delegado da Xunta en Arxentina súmase ás celebracións da Hispanidade en Mar del Plata coa cultura como referente audio O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou no Festival Artístico de España celebrado en Mar del Plata, acto que puxo o broche final á Semana da Hispanidade nesta cidade arxentina, unha das que concentra maior presenza española do país. Durante o evento, no que tomaron parte os conxuntos de música e baile das distintas casas de España da cidade, o delegado estivo acompañado polo embaixador de España,... Máis información
-
22Outubro2025A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, destaca en Montevideo o compromiso permanente da Xunta por facilitar ás Comunidades Galegas do exterior a súa relación coa cultura galega audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, estivo presente no acto de peche dos obradoiros de pandeireta organizados pola entidade Alma Gallega en Montevideo, cunha ampla participación das institucións galegas da cidade. Durante o encontro, os distintos grupos amosaron a súa integración a través da música tradicional e o baile, reforzando o compromiso coa cultura galega no exterior. O evento enmárcase no programa anual da... Máis información
-
21Outubro2025A Xunta porá en marcha no 2026 unha Oficina de Atracción de Talento para consolidar o modelo galego de captación ordenada de persoas traballadoras audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración explicou no Pleno do Parlamento as medidas autonómicas orientadas a sumar e reter talento e a prol da formación flexible. Coordinará as medidas de emprego para persoas galegas do exterior que desexan regresar a traballar na súa terra e tamén ás procedentes de 3º países reforzando o “modelo Galicia”, que busca captar talento dun xeito planificado e unido ao emprego. Entre as iniciativas que serán... Máis información
-
20Outubro2025O Consello avalía as inversións e programas impulsados pola Xunta na provincia de Ourense en áreas como Política Social, Medio Ambiente, Economía ou Emprego audio O Goberno autonómico destina este ano máis de 5 M€ a actuacións en centros de menores, de atención á discapacidade ou residencias de maiores. Impulsa actuacións e proxectos por importe de 4 M€ para preservar os tres parques naturais de Ourense e o Complexo Húmido da Limia. A Xunta da apoio máis dun millar de empresas e emprendedores da provincia a través de diferentes programas. O Consello da Xunta avaliou hoxe varios informes sobre inversións... Máis información
-
18Outubro2025A delegada da Xunta no Uruguai recoñece o labor do Centro Pontevedrés na preservación da cultura galega durante a celebración do seu 67.º aniversario audio A delegada da Xunta de Galicia no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de celebración do 67.º aniversario do Centro Pontevedrés de Montevideo, acompañando á colectividade galega neste día tan especial co obxectivo de recoñecer o labor constante da entidade na preservación da identidade e cultura galega no país. Na súa intervención ante o público asistente, a delegada da Xunta relatou o compromiso permanente da comunidade galega coas súas... Máis información
-
17Outubro2025A Xunta destaca o éxito do Programa Merlo co que 500 persoas galegas retornadas recibiron apoio para consolidar a súa actividade profesional audio O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Vigo no networking enmarcado no programa de mentoría Merlo, desenvolvido pola Xunta en colaboración coa Fundación Ronsel, e dirixido a persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) e retornadas. O obxectivo desta iniciativa é acompañar a estas persoas no desenvolvemento e consolidación dos seus negocios ou actividades profesionais... Máis información
-
16Outubro2025A Xunta destaca en Córdoba o éxito das Bolsas BEME como eixo da Estratexia Galicia Retorna audio A subdirectora de Retorno salientou que o 80% dos bolseiros decide quedar en Galicia, convertendo estas axudas nunha ferramenta clave para atraer talento novo desde o exterior. A subdirectora de Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís, participou nun encontro de rectores da CRUE celebrado na Universidade de Córdoba, onde presentou as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) como un dos programas máis destacados da Estratexia... Máis información
Páxinas |









