Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
08Outubro2026O Goberno galego salienta a importancia de “manter firmes os lazos entre dous pobos irmáns como España e O Uruguai” audio O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo 2027 participaron nas ofrendas florais a Isabel La Católica e a José Gervasio Artigas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, participaron, xunto á delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, nas ofrendas florais que se realizaron a Isabel La Católica e a José Gervasio Artigas. Alí, os representantes do Goberno... Máis información
-
08Outubro2026A Xunta convida na Arxentina a vivir un Xacobeo 2027 aberto ao mundo e asentado nos valores do encontro, a convivencia e a participación audio Desde Bos Aires, o comisario do Xacobeo 2027 convidou ás persoas galegas residentes no exterior a participar da programación ampla e diversa que se está a organizar cara ao próximo Ano Santo. No que vai de ano, case 6.000 arxentinos e arxentinas recibiron a compostela despois de rematar o Camiño de Santiago, dos cales a maioría optou polo Francés. O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, acompañado polo secretario xeral da Emigración,... Máis información
-
08Outubro2026Miranda celebra o éxito do programa Conecta con Galicia no Camiño como mostra da ilusión de retorno dos galegos do exterior audio O secretario xeral da Emigración participou na entrega de 39 compostelas ás persoas participantes do Conecta con Galicia no Camiño 2026. En 2024, preto de 700 galegos e galegas na Arxentina retornaron a España. O comisario do Xacobeo animou ás persoas participantes a que convertan a súa experiencia en promotora do Camiño no seu país. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, celebrou o éxito do programa Conecta con Galicia no... Máis información
-
07Outubro2026A Xunta dá a benvida aos maiores do exterior que participan nunha nova edición do programa “Reencontros con Galicia” audio Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ofrece a preto de 200 persoas galegas residentes no exterior e maiores de 65 anos a posibilidade de reencontrarse coas súas raíces. A iniciativa tamén inclúe actividades de lecer e visitas culturais durante a súa estadía, que se prolongará ata o vindeiro 16 de outubro. As persoas participantes, chegadas desde Venezuela, Cuba, O Brasil, México,... Máis información
-
06Outubro2026A delegada da Xunta no Uruguai transmite aos participantes de “Reencontros con Galicia” que Galicia se sinte orgullosa de axudar a que poidan volver á terra onde naceron audio Elvira Domínguez presidiu en Montevideo a reunión organizativa do programa “Reencontros con Galicia”. A delegada da Xunta en Montevideo, Elvira Domínguez, mantivo un encontro coas persoas participantes do programa Reencontros con Galicia, antes das súas viaxes a Galicia. Esta iniciativa permitirá que decenas de galegos e galegas residentes na Arxentina poidan regresar a Galicia, reforzando así os lazos coa súa terra natal. Durante a reunión,... Máis información
-
03Outubro2026A Xunta consolida o próximo curso a convocatoria de 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior tras ter concedido case 2.000 nunha década con máis de 18 millóns de euros audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración deu a benvida hoxe en Oroso ás persoas participantes na décima edición das bolsas BEME, coas que realizou un treito do Camiño. Ante as bolseiras e bolseiros deste curso 2026-2027, José González valora a iniciativa que promove mestrados nas tres universidades públicas para impulsar o retorno, a atracción de talento cualificado e o progreso demográfico e socioeconómico de Galicia. Salienta que as... Máis información
-
02Outubro2026Miranda agradece e salienta a importancia da divulgación do Camiño de Santiago “por parte de cada galego no exterior” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Fernando Eisenberg Bugallo, fundador da Asociación Cultural Galega do Centro Español de Porto Alegre, así como responsable da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Río Grande do Sul (ACASARGS). A reunión permitiu afondar na colaboración entre estas entidades e a Xunta de Galicia, coñecendo de primeira man o labor que desenvolven a prol da... Máis información
-
01Outubro2026O delegado da Xunta na Arxentina transmítelles ás persoas participantes en “Reencontros con Galicia” que Galicia se sinte orgullosa de axudar a que poidan volver á terra onde naceron audio Alejandro López Dobarro presidiu en Bos Aires a reunión organizativa do programa Reencontros con Galicia 2026. O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro coas persoas participantes no programa Reencontros con Galicia 2026, antes de iniciar as súas viaxes a Galicia. Esta iniciativa permitirá que decenas de galegos e galegas residentes na Arxentina poidan regresar a Galicia, reforzando así os lazos coa súa... Máis información
-
29Setembro2026Miranda reitera o compromiso coa colectividade galega en Canarias audio O secretario xeral da Emigración recibiu a Albino Aneiros, presidente da Casa de Galicia de Las Palmas. Agradece o papel da entidade no arraigamento dos galegos e as súas iniciativas culturais e sociais, como a Cabalgata de Reis. Nas Illas Canarias viven actualmente preto de 25.000 galegos e galegas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a Albino Aneiros, presidente da Casa de Galicia de Las Palmas, para... Máis información
-
26Setembro2026Miranda felicita ao Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo por “125 anos levando a identidade galega polo País Vasco” audio O secretario xeral da Emigración participou na conmemoración do 125 aniversario do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo. É o centro galego máis antigo de Europa e o segundo do mundo. Reafirma o compromiso da Xunta en seguir apoiando á comunidade galega en Barakaldo e en todo Biscaia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicitou ao Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo por levar 125 anos consecutivos “levando a... Máis información
Páxinas |









