A Xunta dá a benvida aos maiores do exterior que participan nunha nova edición do programa “Reencontros con Galicia”
Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ofrece a preto de 200 persoas galegas residentes no exterior e maiores de 65 anos a posibilidade de reencontrarse coas súas raíces.
A iniciativa tamén inclúe actividades de lecer e visitas culturais durante a súa estadía, que se prolongará ata o vindeiro 16 de outubro.
As persoas participantes, chegadas desde Venezuela, Cuba, O Brasil, México, Bolivia, A Arxentina e O Uruguai, estarán aloxadas nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón e O Carballiño.
A Xunta dá a benvida aos maiores do exterior que participan nunha nova edición do programa “Reencontros con Galicia”.
A Xunta dá a benvida aos maiores do exterior que participan nunha nova edición do programa “Reencontros con Galicia”.
A Xunta dá a benvida aos maiores do exterior que participan nunha nova edición do programa “Reencontros con Galicia”.
A Xunta dá a benvida aos maiores do exterior que participan nunha nova edición do programa “Reencontros con Galicia”.
A Xunta está a recibir estes días ás persoas participantes do programa Reencontros con Galicia, chegadas desde Venezuela, Cuba, O Brasil, México, Bolivia, A Arxentina e O Uruguai. Esta mañá, a subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais, Lorena Antelo, recibiu dous grupos numerosos procedentes de Bos Aires e São Paulo.
Esta iniciativa ten como finalidade facilitar o contacto da colectividade galega do exterior maior de 65 anos coa Galicia actual e coas súas familias. Con máis de 35 anos de traxectoria, o programa -que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade- ofrece a preto de 200 persoas galegas residentes no exterior, cunha idade media nesta edición de 74 anos, a posibilidade de gozar de actividades de lecer e visitas culturais durante a súa estadía, que se prolongará ata o vindeiro 16 de outubro. O grupo percorrerá diferentes localidades e cidades galegas para coñecer de preto o patrimonio cultural e natural do país, e estará aloxado nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón (Nigrán) e O Carballiño.
A Secretaría Xeral da Emigración traballa para fomentar a participación da colectividade galega no exterior na vida cultural e social de Galicia, reforzando así os vínculos coa súa terra de orixe.
Novas relacionadas



