Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
02Febreiro2026A Xunta reforza a atracción de talento emprendedor dos retornados cunha nova edición de axudas dotada con máis de 1 M€ para apoiar 150 proxectos audio A convocatoria de 2026 destas achegas, integrada na Estratexia Galicia Retorna e tamén na Estratexia de emprendemento ligado ao territorio sairá publicada este mércores no DOG e abrirá o prazo de solicitudes o vindeiro 9 de febreiro. As achegas van desde os 6.000 euros e poden chegar ata os 10.000 euros cando a persoa solicitante é muller e o seu centro de traballo está situado nun municipio rural. Desde a súa posta en marcha apoiáronse nuns 200... Máis información
-
30Xaneiro2026Emigración mantén unha reunión de traballo para planificar o desenvolvemento das Axudas Sociais de carácter económico coas entidades colaboradoras nas que existen Oficinas de Atención Social nos países de América audio Esta reunión permite formar ao persoal técnico das oficinas de información social coas que contan as entidades colaboradoras en Venezuela, Brasil e Cuba, así como o persoal técnico das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai de cara a que poidan axudar e facilitar a tramitación das solicitudes ás persoas beneficiarias, moitas delas, de avanzada idade. Desde 2020, máis de 43.000 familias beneficiáronse desta iniciativa, reforzando así a... Máis información
-
29Xaneiro2026A Xunta destinará máis de 2,5M€ a apoiar os gastos iniciais das familias retornadas audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2026 destas achegas dotada cun crédito inicial de 2,5 M€ —que se poderá reforzar segundo a demanda— e coa que se estima apoiar unhas 1.000 familias. Permiten cubrir necesidades iniciais dos galegos retornados incluíndo, axuda específica para as familias con fillos menores e para apoiar o acceso a unha vivenda, valorando especialmente o establecemento no rural. Desde 2018, lévanse... Máis información
-
27Xaneiro2026A Xunta pon en marcha unha nova edición de Obradoiros para formar a máis de 2.000 persoas audio O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria de 2026 destas achegas que poden solicitar as entidades que estean inscritas no Rexistro da Galeguidade. A iniciativa, que sufraga os gastos de contratación do profesorado e os materiais de formación, permitirá aos centros poñer en marcha obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega. O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a convocatoria de axudas... Máis información
-
26Xaneiro2026A Xunta investirá máis de 6 M€ en apoiar os gastos iniciais do retorno dun milleiro de familias galegas e reforzar a atención social doutras 6.000 no exterior audio O Consello da Xunta analizou hoxe a vindeira convocatoria das axudas extraordinarias ao retorno, dotada con 2,5 M€, e a liña destinada a cubrir necesidades básicas e reforzar a atención sociosanitaria dos galegos do exterior, con preto de 3,6 M€. No relativo ás persoas que regresan, os apoios poden chegar aos 6.000 euros e contribúen a cubrir os gastos iniciais de establecemento, valorando especialmente o asentamento no rural, e inclúen un... Máis información
Páxinas |




