Emigración mantén unha reunión de traballo para planificar o desenvolvemento das Axudas Sociais de carácter económico coas entidades colaboradoras nas que existen Oficinas de Atención Social nos países de América

Esta reunión permite formar ao persoal técnico das oficinas de información social coas que contan as entidades colaboradoras en Venezuela, Brasil e Cuba, así como o persoal técnico das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai de cara a que poidan axudar e facilitar a tramitación das solicitudes ás persoas beneficiarias, moitas delas, de avanzada idade.

Desde 2020, máis de 43.000 familias beneficiáronse desta iniciativa, reforzando así a protección social da colectividade galega no exterior. En 2025 foron máis de 6.000 familias atendidas.

Emigración mantén unha reunión de traballo para planificar o desenvolvemento das Axudas Sociais de carácter económico coas entidades colaboradoras nas que existen Oficinas de Atención Social nos países de América
Emigración mantén unha reunión de traballo para planificar o desenvolvemento das Axudas Sociais de carácter económico coas entidades colaboradoras nas que existen Oficinas de Atención Social nos países de América
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 30 de xaneiro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou na xornada formativa sobre as novas ordes de axudas sociais de carácter económico coas oficinas de atención social das entidades galegas no exterior coas que colabora a Xunta de Galicia en Brasil, Cuba e Venezuela, co obxectivo de ter todo preparado para axilizar as solicitudes das persoas en grave risco social.

Desde 2020, máis de 43.000 familias beneficiáronse desta iniciativa, reforzando así a protección social da colectividade galega no exterior. En 2025 foron máis de 6.000 familias atendidas.

Na xornada tamén participou o persoal técnico das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai. A dirección técnica da xornada estivo a cargo do subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais, Lorena Antelo, acompañada pola xefa de Programas de Servicios Sociais, María Diz. 

O secretario xeral da Emigración recordou que o obxectivo destas reunións “é facilitar información ás oficinas colaboradoras para que poidan facilitar as solicitudes das familias dos galegos residentes nestes países que teñen necesidades realmente urxentes de cara a axudarlles na súa situación”.

O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes para a subsistencia, e que cumpran os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda.

Este programa vai dirixido a persoas emigrantes galegas e descendentes de primeira xeración.

305 lecturas