Aula de lingua e cultura galegas 2024 - Aula GaliciaAberta

Listen to this page using ReadSpeaker
771 lecturas

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Aula GaliciaAberta, organiza o curso en liña de lingua e cultura galegas 2024, co obxectivo de promover e preservar a lingua e a cultura galegas, especialmente entre a comunidade galega no exterior.

Destinatarios/as - Participantes: 

  • Todas as persoas interesadas no idioma galego, con ou sen coñecementos previos
  • É de carácter gratuíto e non precisa inscrición 

Datas e horarios das clases: os martes, ás 20:00 h.

Profesora: Noelia Amado, de Reverso Comunicación

Emisión: a través do Facebook Live de GaliciaAberta

Estrutura das sesións:

  • 20:00 - 21:00 h – A docente impartirá as clases a través do Facebook Live de GaliciaAberta, onde as persoas interesadas poden deixar as súas preguntas relacionadas cos contidos que desenvolva o curso.
  • 21:00 - 22:00 h – A docente responderá as dúbidas, peticións e achegas do alumnado formuladas no muro do Facebook Live. O alumnado pode nesta parte da sesión interaccionar coa docente.

Materiais para a preparación das clases:

  • Lección 1 (sesión 2 - 23.01.2024): Descargar
  • Lección 2 (sesión 3 - 30.01.2024): Descargar
  • Lección 3 (sesión 4 - 06.02.2024): Descargar
  • Lección 4 (sesión 5 - 13.02.2024): Descargar
  • Lección 5 (sesión 6 - 20.02.2024): Descargar
  • Lección 6 (sesión 7 - 27.02.2024): Descargar

Clases xa emitidas: Acceder

Máis info: emigracion.xunta.gal | Facebook | Twitter | Instagram | YouTube | Cartel informativo

Aula de lingua e cultura galegas 2024 - Aula GaliciaAberta
Evento: 
Curso
Organiza: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data: 
16.01.2024
23.01.2024
30.01.2024
06.02.2024
13.02.2024
20.02.2024
27.02.2024
Hora: 
20:00
Lugar:
Secretaría Xeral da Emigración
Basquiños, 2
Santiago de Compostela - 15704A Coruña
España
booked.net