Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
26Maio2024Miranda agradece o decidido e firme compromiso da Asociación Fillos de Galicia de Aragua en prol do benestar das e dos galegos deste estado de Venezuela audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro de traballo coa directiva da Asociación Fillos de Galicia de Aragua, con sede na cidade de Maracay, para coñecer a situación da colectividade galega no entorno da cidade de Maracay e no resto de estado de Aragua. Durante a reunión, analizouse o labor desenvolvido por este centro nos últimos meses en apoio aos galegos e galegas con maiores necesidades sociais e... Máis información
-
26Maio2024Miranda: “O deporte como ponte de unión e identidade galega en Venezuela” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Caracas (Venezuela) na entrega de premios dun campionato de fútbol sala infantil e xuvenil no que participaron máis de 300 nenos galegos entre os 10 e os 17 anos. Este evento deportivo, que reuniu á comunidade galega, subliña o compromiso continuo da Xunta con fomentar a participación da mocidade en actividades que promovan valores positivos e o sentimento de pertenza á... Máis información
-
26Maio2024Miranda visita a exposición do Día das Letras Galegas na Hermandad Gallega de Venezuela que celebra así a nosa cultura audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a exposición do Día das Letras Galegas organizada pola Hermandad Gallega de Venezuela. Durante a súa visita, Rodríguez Miranda destacou a importancia de manter viva a cultura e a lingua galegas entre a comunidade emigrante, eloxiando o traballo da Hermandad na difusión do patrimonio cultural de Galicia. Rodríguez Miranda subliñou o papel fundamental das entidades galegas no... Máis información
-
25Maio2024Miranda inicia unha viaxe a Venezuela para fortalecer os lazos coa comunidade galega e supervisar a xestión dos programas de atención ás e aos galegos audio Esta viaxe mostra o compromiso continuo da Xunta coa súa comunidade no exterior, neste caso, cos galegos e galegas de Venezuela. Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, iniciará este sábado unha viaxe a Venezuela co obxectivo de reforzar as relacións coa comunidade galega residente neste país. As reunións planificadas en Caracas con representantes das entidades galegas centraranse en fortalecer as redes de apoio existentes... Máis información
-
25Maio2024O delegado da Xunta en Bos Aires traslada unha mensaxe de tranquilidade á colectividade galega na Arxentina nun encontro cos e coas responsables das entidades galegas audio O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, mantivo unha reunión informativa con responsables das entidades da colectividade galega na Arxentina para trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos galegos e galegas deste país. Durante a reunión, informouse ás e aos asistentes sobre distintos aspectos dos programas da Xunta de Galicia, destacando a total normalidade no funcionamento das actividades, máis alá do episodio que afecta á... Máis información
-
25Maio2024Miranda: “A galeguidade impúlsase cada día desde os diferentes centros galegos do mundo” audio O secretario xeral da Emigración asiste á inauguración da nova sede da Casa de Galicia de El Puerto de Santa María e destaca a importancia das casas de Galicia como embaixadoras da nosa cultura e identidade fóra da comunidade. Ao acto asistiron representantes do centro galego, do goberno municipal e o director xeral de Andalucía Global entre outras autoridades. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asiste á inauguración... Máis información
-
25Maio2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Meira, Culleredo, As Neves e Xunqueira de Ambía audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
24Maio2024Miranda: “Mantemos vivas as tradicións e a cultura galegas no sur de España” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tivo ocasión de visitar esta mañá o Lar Gallego de Sevilla e reunirse co seu presidente, José Antonio Otero, quen tamén é presidente da Federación de Centros Gallegos de Andalucía, Ceuta y Extremadura e membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, quen compartiu ideas e proxectos para fortalecer a comunidade galega na rexión. No encontro tamén participou o... Máis información
-
23Maio2024Emigración publica o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa de bolsas BEME para estudar un mestrado en Galicia o próximo curso audio As e os interesados excluídos deben achegar os documentos que se lles requiren de xeito que poida tramitarse a súa solicitude. A Secretaría Xeral da Emigración recibiu solicitudes para estas axudas formativas dende tódolos continentes. A Secretaría Xeral da Emigración vén de publicar o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no programa de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior 2024/25, BEME, polo que se interesaron centos de... Máis información
-
22Maio2024A delegada da Xunta no Uruguai participa na celebración do 70º aniversario do Centro Alma Gallega mantendo viva a nosa identidade audio O Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega celebrou o seu 70º aniversario cun evento ao que asistiu a delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, quen destacou a importancia desta institución na preservación e difusión da cultura galega en terras uruguaias. "Este centro é un exemplo de compromiso e amor pola nosa terra, un lugar onde se mantén viva a nosa lingua, a nosa música e as nosas tradicións", afirmou. Ademais, destacou... Máis información
Páxinas |