Retorna
MEDIDAS:
Informar ás persoas retornadas e ás que estean pensando en facelo de todas as medias específicas e xerais do seu interese.
A Oficina integral de asesoramento ao retorno ofrecerá información sobre:
- As axudas de carácter extraordinario e social que poidan ser de aplicación aos/ás galegos/as retornados/as de ámbito nacional, autonómico e local.
- Sistema de acceso a prestacións como a Renda de Inclusión Social de Galicia ou as prestacións non contributivas.
- O procedemento para o recoñecemento e cualificación do grao de discapacidade, e información sobre os programas específicos.
- O acceso ao sistema sanitario mediante a tarxeta sanitaria.
- Os programas de axuda da Dirección Xeral de:
–Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, incidindo no Programa de Axudas á Natalidade e nos destinados a familias numerosas.
–Inclusión Social.
–Maiores e Persoas con Discapacidade.
–Xuventude, Participación e Voluntariado.
- Outras cuestións de importancia, como nacionalidade, permisos de residencia e traballo, coberturas sociais e sanitarias para cónxuxes e familiares sen nacionalidade española, etc.
- A documentación que debe traer do país de residencia para realizar trámites coas Administracións públicas en España.
Atención de situacións de vulnerabilidade en familias galegas retornadas para a súa plena integración.
Seguir impulsando as axudas extraordinarias ás persoas emigrantes retornadas para axudar a facer fronte ás causas sobrevidas derivadas do retorno que requiren dunha atención perentoria. Cada unidade familiar poderá recibir unha axuda de ata 3.900€ | Acceder
Incorporar unha nova liña de axudas para familias de retornados/as con fillos/as menores de idade que se establezan en Galicia de 1.000 euros por neno/a ata o/a segundo/a fillo/a e de 1.500 euros a partir do/a terceiro/a, cun incremento do 25 % se a residencia familiar está fixada no rural | Acceder
Facilitar o acceso dos/as retornados/as ás prestacións sociais ás que teñen dereito.
Asistencia integral ás mulleres retornadas vítimas de violencia de xénero a través de recursos residenciais de acollida temporal e dos non residenciais | Acceder
Subvencións a programas de entidades de iniciativa social para mulleres en situación de especial vulnerabilidade, entre as que se inclúen o colectivo de emigrantes retornadas | Acceder
Conseguir a plena integración das familias galegas retornadas no menor tempo posible.
Facilitar a participación das persoas emigrantes retornadas nos programas de inclusión sociolaboral | Acceder
Facilitar a aproximación á realidade de Galicia a aquelas persoas galegas que levan moito tempo lonxe da nosa terra.
Fomentar o retorno das familias galegas a través do apoio á natalidade e á conciliación familiar.
Adaptar as especiais circunstancias das familias retornadas para acceder desde o seu empadroamento a todas as medidas favorecedoras da natalidade, como a Tarxeta Benvida. Mediante esta última, as familias obterán unha axuda de 1.200 euros ao ano no primeiro ano de vida do/a seu/súa fillo/a, ampliable ata os 3 anos nalgúns casos | Acceder
Dar visibilidade ás medidas favorecedoras da conciliación familiar, como o acceso fóra de prazo ás escolas infantís, centros de día e residencias de anciáns/ás, etc.
Apoiar a integración dos/as máis mozos/as.
Facilitar o acceso dos mozos e mozas retornados ás distintas liñas de axuda para o desenvolvemento de proxectos xuvenís e de voluntariado e do programa Iniciativa Xove | Acceder