Programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
1805 lecturas
Información e acceso aos formularios para cumprimentar a solicitude.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 3 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de duascentas cincuenta (250) “Bolsas Excelencia Mocidade Exterior” (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2023/24 nunha universidade galega (Código de procedemento: PR911A).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
02.02.2023
Estado: 
Procedemento pechado

OBXECTO:
Ofertar aos/ás galegos/as universitarios/as residentes no estranxeiro, a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favoreza a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia e que a sociedade galega se enriqueza cos seus coñecementos e experiencias profesionais internacionais.

CARACTERÍSTICAS

  • 250 bolsas de excelencia
  • Másteres ofertados polas Universidades de:
    -Vigo (campus: Vigo, Ourense e Pontevedra)
    -A Coruña (campus: A Coruña e Ferrol)
    -Santiago de Compostela (campus: Santiago e Lugo)
  • Áreas:
    -Artes e Humanidades
    -Ciencias
    -Ciencias da Saúde
    -Ciencias Sociais e Xurídicas
    -Enxeñaría e Arquitectura
  • Cada universidade ten os seus propios prazos de Matrícula.
  • Condicións da concesión da bolsa: estar matriculado/a nun máster dun mínimo de 60 créditos ECTS, na modalidade presencial ou semipresencial, e que se imparta o Título Oficial de Máster para o que se realizou a matrícula.
  • Esta axuda é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar os estudos de máster oficial.
  • Tamén é incompatible coas bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior en Galicia, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
  • Anualidades:
    -Máster 60 créditos: 2023/2024
    -Máster 90 créditos: 2023/2024 e 2024/2025

PERÍODO DE DESFRUTE,  DOTACIÓN E PRAZOS DE ABONO:

Créditos ECTS Nº cursos Período desfrute Dotación Europa Abono Dotación Resto Países Abono
60 – 72 1 Curso 2023-2024 7.500 €

1º prazo:
5.000€

2º prazo: 2.500€

8.000 € 1º prazo: 5.000€
2º prazo: 3.000€
90 1,5

Curso 2023-2024

Curso 2024-2025

11.250 €

1º prazo: 5.000€

2º prazo: 2.500€

3º prazo: 3.750€

12.000 €

1º prazo: 5.000€

2º prazo: 3.000€

3º prazo: 4.000€

  • Co importe da bolsa a persoa beneficiaria deberá afrontar todos os gastos que se xeren para poder realizar o máster (matricula universidade, viaxe desde o seu país de procedencia, aloxamento e manutención en Galicia).

BENEFICIARIOS/AS
Persoas galegas residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

REQUISITOS

  • Ser menor de 40 anos
  • Estar en posesión da nacionalidade española
  • Residir fóra de España
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Estar vinculado/á Galicia dalgunha destas maneiras:
    1 - Ser emigrante nacido/a en Galicia.
    2 - Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero residir en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
    3 - Ser descendente por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia,  sempre que a persoa solicitante nacera no estranxeiro.
  • Ter finalizado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outro declarado equivalente de forma expresa.
  • No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello galego.
  • Estar matriculado/a no curso 2023/24 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial ou semipresencial.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder


Outra documentación para consultar:

Máis info:

FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, que figura como anexo II da resolución a título informativo, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
28.04.2023