Resolución concesión: listado de persoas beneficiarias e de solicitudes excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2020

Listen to this page using ReadSpeaker
823 lecturas
Listados para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 150 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no curso 2020/21 nunha universidade galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas excelencia mocidade exterior (DOG núm 188, do 16 de setembro): 

  1. Listado de persoas beneficiarias das bolsas e que se relacionan no Anexo I da Resolución do  8 de setembro (picar aquí para descargar).
    - Publicación da Resolución do 17 de setembro de 2020, da Secretaría  Xeral da Emigración, pola que se aceptan as renuncias presentadas no procedemento de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (picar aquí para descargar).  
    - Publicación da Resolución do 28 de setembro de 2020, da Secretaría  Xeral da Emigración, pola que se acepta a renuncia presentada no procedemento de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (picar aquí para descargar).
    - Publicación da Resolución do 19 de outubro de 2020, da Secretaría  Xeral da Emigración, pola que se acepta a renuncia presentada no procedemento de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (picar aquí para descargar)
  2. Listado de solicitudes denegadas xa que non reúnen os requisitos establecidos para poder participar nesta convocatoria, non achegaron a documentación preceptiva ou desistiron da súa solicitude, sinalando en cada caso o motivo de denegación, e que constan no Anexo II da Resolución do 8 de setembro (picar aquí para descargar).

Contra a Resolución do 8 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas excelencia mocidade exterior cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Data de publicación: 
16.09.2020