Listados definitivos de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2020

Listen to this page using ReadSpeaker
756 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo co establecido no artigo 16 da resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría  Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria de 150 bolsas excelencia mocidade exterior (BEME 2020), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2020/21 nunha universidade galega, procédese á publicación de:

Proposta de resolución definitiva
Descargar
Listado definitivo de 150 candidatos/as á bolsa ordenado polas puntuacións outorgadas Listado definitivo de 150 candidatos/as á bolsa ordenado por orde alfabética de apelido
Descargar Descargar
Listado definitivo de 58 suplentes ordenado polas puntuacións outorgadas Listado definitivo de 58 suplentes ordenado por orde alfabética de apelido
Descargar Descargar
Listado de 93 solicitantes de bolsa excluídos/as
Descargar

 

Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.

IMPORTANTE: 
Para poder chegar a ser beneficiario/a de a bolsa débese acreditar estar matriculado/a nun máster universitario dos ofertados na convocatoria de bolsas. O prazo para enviar o xustificante de matrícula a través da plataforma de bolsas finaliza o 6 de agosto de 2020 ás 23:59  h (hora peninsular española). 

As 150 persoas da listaxe definitiva de persoas candidatas, sempre que acrediten estar matriculadas nun máster dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, pasarían a ser beneficiarias da bolsa. Do mesmo xeito, as persoas que figuran na listaxe definitiva de suplentes, sempre que acrediten estar matriculadas neste mesmo prazo, poderían chegar a ser adxudicatarias da bolsa no caso de que houbese vacantes porque persoas da listaxe de admitidos/as definitiva non se matriculasen ou desistisen da súa solicitude de bolsa. 

Por outra banda, se algunha persoa da listaxe definitiva de candidatos/as ou suplentes decidise non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma de bolsas un escrito para renunciar que tamén está no menú da esquerda, na opción de “Renuncia” para non prexudicar a outros/as candidatos/as da listaxe de suplentes que poderían ter opción de ser bolseiros/as.

A mediados de agosto de 2020 publicarase unha nota informativa nesta a web coas listaxes das persoas beneficiarias  e suplentes desta convocatoria de  BEME 2020.

Data de publicación: 
17.07.2020