Listados provisionais de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2020

Listen to this page using ReadSpeaker
453 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo co establecido no artigo 16 da resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría  Xeral da Emigración, pola que se aprobaron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria de 150 bolsas excelencia mocidade exterior (BEME 2020), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2020/21 nunha universidade galega, procédese á publicación de:

Proposta de resolución provisional
Descargar
Listado provisional de 150 candidatos/as á bolsa ordenado polas puntuacións outorgadas Listado provisional de 150 candidatos/as á bolsa ordenado por orde alfabética de apelido
Descargar Descargar
Listado provisional de 68 suplentes ordenado polas puntuacións outorgadas Listado provisional de 68 suplentes ordenado por orde alfabética de apelido
Descargar Descargar
Listado de 83 solicitantes de bolsa excluídos/as
Descargar

 

Nos casos de empate na puntuación obtida, deuse prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia, e en terceiro lugar á maior idade da persoa solicitante, segundo o establecido no artigo 15.4 da resolución da convocatoria.

Esta proposta de resolución provisional notifícase ás persoas interesadas mediante a súa publicación nesta web, para que no prazo de cinco (5) días hábiles a contar a partir do seguinte ao da publicación, presenten as alegacións oportunas.

Unha vez transcorrido o prazo de alegacións publicaranse na web as Listaxes Definitivas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS DO 9 ao 15 XULLO DE 2020 (ás 23:59 horas horario peninsular de España) ambos incluídos.

IMPORTANTE: 
Para enviar as alegacións debe entrar na plataforma de bolsas onde realizou a solicitude da bolsa no menú da esquerda na opción “Alegación”.

Por outra banda, se algunha persoa da listaxe provisional de candidatos/as ou suplentes decidise non continuar no proceso de selección desta convocatoria de bolsas, debe enviar a través da plataforma de bolsas un escrito para renunciar, que tamén está no menú da esquerda na opción de “Renuncia”, para non prexudicar a outros/as candidatos/as ou suplentes que poderían ter opción de ser bolseiros/as.

Data de publicación: 
08.07.2020
Data fin de prazo: 
15.07.2020