Listados provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no programa de 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' 2020
De conformidade co artigo 11 da Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no curso 2020/21 nunha universidade galega, procédese á publicación das :
Listados provisionais de solicitudes admitidas e excluídas indicando neste último o motivo de exclusión.
De conformidade co disposto no artigo 13.3 da resolución de convocatoria, as persoas provisionalmente excluídas disporán dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación nesta web, para que acheguen os documentos que se lle requiren. Transcorrido este prazo sen que se achegue dita documentación, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e condicións establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A presentación da documentación que se lle require deberá realizarse de forma electrónica a través da aplicación informática establecida nesta convocatoria de bolsas no apartado de “subsanación”.
Data publicación páxina web: 09.06.2020
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DE SUBSANACIÓN: DO 10 DE XUÑO AO 16 DE XUÑO DE 2020 (ás 23:59 horas horario peninsular de España) ambos os dous incluídos.
Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME 2020 Listados provisionais |
|
---|---|
Solicitudes admitidas | Solicitudes excluídas |
Descargar | Descargar |
- Para emendar a súa solicitude e enviar a documentación requirida entre na aplicación en subsanación: pique aquí