Requirimentos de emenda das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ao amparo da convocatoria de programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior (Prog. A e B)

Listen to this page using ReadSpeaker
421 lecturas
Anexos con listado de entidades.
Estado: 
Procedemento pechado

Requirimentos de emenda das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ao amparo da convocatoria de programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior (Prog. A e B).

No DOG nº 18, do 28-01-2025, publicouse a Resolución do 27 de decembro de 2024 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior  para este exercicio.

Esta convocatoria regula os seguintes programas: Programa A.- Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural e Programa B.- Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Logo de revisar as solicitudes presentadas e a documentación que acompañan, comprobouse que a correspondente ás entidades que se indican no anexo deste anuncio non está completa, ben porque na solicitude non cubriron campos de información obrigatoria ou ben porque non acompañan ou é incorrecta a documentación que esixe a convocatoria.

Os defectos detectados na solicitude de cada entidade e programa indícanse no anexo deste anuncio. No caso do Rexistro da Galeguidade o defecto afecta a totalidade de programas solicitados.

Mediante esta publicación requíreselle a cada unha das entidades afectadas para que no prazo improrrogable de 10 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración (https://emigración.xunta.gal –apartado Listas a convocatorias), acheguen os documentos preceptivos, e/ou emenden o/s defecto/s, que para cada entidade se sinalan (art. 10.3 e 20 da orde da convocatoria).

A documentación requirida deberá ser presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia ao igual que a  solicitude.

No caso de non achegar a documentación preceptiva requirida, ou de non emendar o/s defecto/s sinalados dentro do prazo indicado, terase a esa entidade por desistida da solicitude. De tratarse doutro tipo de  documentación aplicarase a puntuación mínima do baremo no concepto que corresponda.

Esta publicación realízase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web citada.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración na praza de Mazarelos, 15,  C.P. 15703, Santiago de Compostela, ou nos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60.

  • Requirimentos Programa A- Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural (Descargar)
  • Requirimentos Programa B - Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable (Descargar)


Santiago de Compostela,
A subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas
Isabel Martínez Pellicer

Data de publicación: 
22.04.2025
Data fin de prazo: 
07.05.2025