Publicación dos REQUIRIMENTOS DE EMENDA das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ao amparo da convocatoria de programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior (Prog. 1-2-3)
Publicación dos REQUIRIMENTOS DE EMENDA das solicitudes de subvencións presentadas polas entidades galegas ao amparo da convocatoria de programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior (Prog. 1-2-3).
No DOG nº 25, do 6-02-2025, publicouse a Resolución do 30 de decembro de 2024 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para este exercicio.
Esta convocatoria regula os seguintes programas: Programa 1.- Gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior; Programa 2.- Proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude; Programa 3.- Accións de especial relevancia.
Logo de revisar as solicitudes presentadas e a documentación que acompañan, comprobouse que a correspondente ás entidades que se indican no anexo deste anuncio non está completa, ben porque na solicitude non cubriron campos de información obrigatoria ou ben porque non acompañan ou é incorrecta a documentación que esixe a convocatoria.
Os defectos detectados na solicitude de cada entidade e programa indícanse no anexo deste anuncio. No caso do Rexistro da Galeguidade o defecto afecta a totalidade de programas solicitados.
Mediante esta publicación requíreselle a cada unha das entidades afectadas para que no prazo improrrogable de 10 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración (https://emigración.xunta.gal –apartado Listas a convocatorias), acheguen os documentos preceptivos, e/ou emenden o/s defecto/s, que para cada entidade se sinalan (art. 10.3 e 20 da orde da convocatoria).
A documentación requirida deberá ser presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia ao igual que a solicitude.
No caso de non achegar a documentación preceptiva requirida, ou de non emendar o/s defecto/s sinalados dentro do prazo indicado, terase a esa entidade por desistida da solicitude. De tratarse doutro tipo de documentación aplicarase a puntuación mínima do baremo no concepto que corresponda.
Esta publicación realízase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web citada.
Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración na praza de Mazarelos, 15, C.P. 15703, Santiago de Compostela, ou nos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60.
- Programa 1.- Gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior (Descargar)
- Programa 2.- Proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude (Descargar)
- Programa 3.- Accións de especial relevancia (Descargar)
Santiago de Compostela,
A subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas
Isabel Martínez Pellicer



