Axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude no exercicio 2010

Listen to this page using ReadSpeaker
2505 lecturas
Este programa ten por obxecto a realización de proxectos promovidos pola xuventude durante o exercicio 2010.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa:Axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude no exercicio 2010

Destinatarios: Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas para este programa as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior

Características:

Poderanse subvencionar as actividades realizadas polas entidades galegas coa participación dos mozos e mozas e en favor dos membros da colectividade ata os 30 anos de idade, referidas a:

  • Formación específica dos mozos e mozas na xestión das entidades galegas.
  • Intercambios xuvenís de grupos de mozos e mozas pertencentes ás comunidades galegas para a realización de actividades culturais, musicais, deportivas e sociais.
  • Formación específica dos mozos e mozas para o coñecemento e emprego das novas tecnoloxías da comunicación.
  • Promoción de actividades deportivas, en calquera especialidade, e fomento das escolas deportivas para a promoción do deporte de base.
  • Creación e apoio de grupos de teatro, música e danza.
  • Realización de actividades culturais (cursos, ciclos de conferencias, mostras, ciclos de cine galego ou de teatro, concertos) destinadas especificamente ao colectivo de mozos e mozas da colectividade.
  • Creación de foros de debate e intercambio cultural entre mozos da emigración e mozos galegos, así como entre intelectuais, científicos e expertos en diversos eidos de Galicia e do país onde estes foros teñan lugar.

Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente:

Secretaría Xeral da Emigración
Rúa Básquiños, 2
15704 Santiago de Compostela
A Coruña

A documentación presentada polos beneficiarios, tanto na fase de solicitude como na fase de xustificación, deberá ser asinada polos representantes legais das entidades solicitantes.

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Resolución: Resolución do 11 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións destinadas ás entidades galegas no exterior para a realización de proxectos promovidos pola xuventude no exercicio 2010.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº 9, do Venres 15 de Xaneiro de 2010.

Promovido por: Secretaría Xeral da Emigración.

Ano: 2010

Documentación:

Formulario de solicitude do programa

Declaracións na fase de solicitude

Xustificación do gasto realizado

Declaración na fase de xustificación

GUÍA PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos do programa directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse todolos cambios realizados. 

Data de publicación: 15 de Xaneiro de 2010