-
Elsa Fernández desenvolveu unha gran actividade en torno á cultura galega no Bos Aires da década dos cincuenta e principios dos sesenta. Nada en Bos Aires, e filla de inmigrantes galegos, sentiu como propias as que consideraba as súas dúas patrias,...
-
Naceu no Concello do Pino (A Coruña) en 1897. Con 13 anos emigrou cara ao Río da Prata, chegando a Bos Aires onde traballou na casa Iturrat, firma que xiraba en torno ao ramo da papelaría. Despois de botar un tempo na casa matriz foi nomeado xerente da...
-
Relevante figura da colonia galega da Habana, Ruibal Nieto marcou a vida do Centro Gallego na década dos oitenta do século XIX. Coñecido persoeiro do mundo dos negocios, aínda acadou máis protagonismo cando pasou a dirixir El Eco de Galicia. Con esta vida...
-
Antonio Couzo é paradigma da solidariedade da emigración, tanto entre os propios emigrantes como coa terra de orixe. En efecto, alén do seu propio traballo, a vida deste emigrante estivo dedicada ao labor social en varias entidades, entre as cales...
-
A obra literaria de Nicasio Pajares está marcada pola emigración. O seu paso polas terras riopratenses deixaron unha pegada imborrábel nos seus textos, que son un testemuño precioso da nosa emigración en xeral e dos estereotipos dos galegos no Prata en...
-
O xornalismo, a poesía e o teatro marcaron a vida de Ángel Lázaro. Na Habana estrearíase como poeta e dramaturgo. O teatro foi a súa grande paixón, as súas obras tiveron un importante eco no Madrid dos anos vinte e trinta. A Guerra Civil levouno outra vez...
-
Cuba, Uruguai e Bos Aires foron os destinos de César Cisneros Luces na emigración. En todos quedou pegada da súa presenza a través das súas colaboracións xornalísticas ou dos diarios que dirixiu. Este...
-
Dependente de adega, poeta, xornalista, comerciante, mestre… todas estas profesións exerceu Baña Pose, que pasou á posteridade polo seu alcume literario: Pepe de Xan Baña. Estamos perante un dos escritores que cultivou o galego na emigración. A súa terra...
-
Naceu no ano 1907 na aldea de Bade, parroquia de Vilamaior, no concello de Sarria. Filla de Benigno Arias e de Dolores López, foi a segunda de oito irmáns. Xa de moziña en 1923, emigra cara a Arxentina xunto a unha irmán de seu pai.
Desde a súa chegada a...
-
Emigración e poesía xúntanse en Ramón Armada, de tal xeito que podemos consideralo como un dos principais poetas da emigración galega. A súa obra non só evocou a Galicia lonxana e soñada, senón que tamén denunciou as penurias que sufrían os emigrantes....