Cultura, ocio e deporte

  • O Centro Galego de Vitoria organiza unha viaxe a Portugal, do 27 de abril ao 1 de maio, para socios/as e non socios/as. Programa: picar aquí para descargar Máis info en centrogallegovitoria.es e no facebook
  • O sábado 25 de febreiro a partir das 19,30 h., na sede da entidade galega na capital romandesa, a Nosa Galiza de Xenebra celebra o Entroido 2017. Concurso de disfraces, con premio para os tres mellores, tómbola e baile ata as 2,00 h. da madrugada...
  • Catálogo da exposición Memoria gráfica de la Emigración Española, na que se mostran fotografías tanto da emigración tradicional como da máis recente, enmarcadas nos ámbitos da viaxe, o traballo, o armazón social e a vida cotiá dos/as emigrantes. Contén...
  • Do xoves 8 de decembro ao luns 6 de marzo pode visitarse, no Museo de las Migraciones de Montevideo, a exposición fotográfica De este lado. Historias de inmigrantes europeos en Uruguay. Mostra composta por doce retratos de inmigrantes -e paneis...
  • O martes 7 de febreiro de 20,00 a 23,00 h., no Hotel Meliá Castilla da capital de España, a Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA) organiza a cerimonia de entrega do XI Premio Victoriano Reinoso, que na presente edición recae en Enrique...
  • O xoves 9 de febreiro ás 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, preséntase o libro La jueza y el tendero, do escritor galego Manuel Eduardo López Vázquez (Ferrol, 1963), editado por Piediciones. Ademais do...
  • O sábado 4 e domingo 5 de febreiro, no Teatro Rosalía de Castro da sede da entidade galega en Caracas, a Hermandad Gallega de Venezuela proxecta cadansúa película. Sábado 4 - 18,00 h. -Mascotas (Todos os púbicos), filme de animación dirixido por...
  • O Centro Galego en Burgos organiza, do venres 21 ao luns 24 de abril, a súa viaxe a Galicia 2017, que nesta ocasión visitará as vilas e paisaxes do Barbanza, así como outras do Camiño de Santiago e a mesma Compostela. Programa: picar aquí para descargar...
  • Do mércores 1 ao domingo 5 de febreiro, no Centro Municipal 'La Esfera' da localidade madrileña, a Xuntanza de Galegos en Alcobendas, coa colaboración do concello alcobedense, organiza a súa XXª Feira do Polbo e do Mexillón, con produtos levados dende O...
  • O sábado 25 de febreiro a partir das 19,00 h., no Centro Galego da capital británica, o grupo de Galegos morriñentos en Londres organiza a festa do Entroido. Haberá unha cea-menú degustación de 20 £/persoa (non inclúe bebida). Hai unha opción na que se...

Páxinas