Estrea de «Os días afogados» no Reino Unido, na 6ª edición do Galician Film Forum de Londres
O venres 24 de marzo ás 19:30 h, no King's College de Londres, terá lugar a sexta sesión do Galician Film Forum, na que se proxectará o documental Os días afogados (2015), filme dirixido por César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero.
- Os días afogados, (87'), Premio Mestre Mateo 2016 na categoría de Documental, narra o conflito que viviron os veciños e veciñas das aldeas de Aceredo e Buscalque (Lobios-Ourense), anegadas pola construción do encoro de Lindoso (Portugal) en 1992. A película utiliza imaxes históricas para reconstruír a loita da veciñanza para conservar os seus fogares
- O filme proxéctase na súa versión orixinal en galego, con subtítulos en inglés
- Ao final da proxección haberá unha charla con membros do equipo que fixo a película
Entradas (de balde, pero é preciso reservar): www.eventbrite.co.uk
Máis info: na web galicianfilmforum.gal, facebook e Twitter

Evento:
Proxección
Organiza:
Galician Film Forum - GFF
Data:
24.03.2017
Hora:
19:30
Lugar:
King's College London
Strand Campus
Londres - WC2R 2LSLondon Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: