A Xunta anima á mocidade a implicarse na remuda xeracional das Casas e Centros Galegos para seguir fortalecendo a galeguidade no exterior

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou en Vitoria na celebración do XXXVII Día de Galicia en Euskadi.

José González puxo en valor a traxectoria de máis de 40 anos da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, organizadora deste evento anual de referencia para a colectividade e que integra as principais entidades galegas do País Vasco.

Subliñou a fortaleza do tecido asociativo desta comunidade con fitos tan relevantes como o centenario da Casa de Galicia en Bilbao ou o 125 aniversario do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo.

Convidou ás novas xeracións de galegos e descendentes a participar na vida das entidades, a sentir orgullo da súa identidade e a atopar nos centros galegos espazos atractivos, vivos e dinámicos.

  • A Xunta anima á mocidade a implicarse na remuda xeracional das Casas e Centros Galegos para seguir fortalecendo a galeguidade no exterior.
    A Xunta anima á mocidade a implicarse na remuda xeracional das Casas e Centros Galegos para seguir fortalecendo a galeguidade no exterior.

Listen to this page using ReadSpeaker
Vitoria-Gasteiz (Álava), 28 de xuño de 2026.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe no acto institucional de celebración do XXXVII edición do Día de Galicia en Euskadi, organizado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, unha cita anual referente que combina música, baile, gastronomía e encontros de convivencia entre a cidadanía galega e a vasca.

Ademais, no marco do acto, o conselleiro outorgou a Insignia de Ouro da Irmandade 2026 a Mª Pilar Rodríguez Villar, da que destacou o seu espírito de servizo, compromiso e dedicación á comunidade galega en Euskadi, tanto desde a Agrupación Hijos de Galicia de Sestao como desde a propia Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, da que foi secretaria e presidenta durante máis de vinte anos.

Durante a súa intervención, González puxo en valor o papel da Irmandade, que integra os principais centros e casas galegas asentados no País Vasco, como referente clave na preservación da identidade e da cultura galegas fóra da terra de orixe, así como na transmisión ás novas xeracións do orgullo de pertenza á colectividade.

Tamén subliñou o momento histórico que vive a colectividade galega no País Vasco, lembrando fitos tan relevantes como o centenario da Casa de Galicia en Bilbao ou o 125 aniversario do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, que evidencian a longa traxectoria asociativa e o arraigo da galeguidade nesta comunidade.

Neste sentido, o conselleiro puxo en valor o vínculo histórico entre Galicia e o País Vasco, comunidade que conta con máis de 34.000 persoas nadas en Galicia, e asegurou que Galicia “tamén se constrúe desde fóra”, grazas ao labor da súa colectividade exterior e ao traballo das casas e centros galegos como principais embaixadores dunha Galicia “moderna e orgullosa das súas raíces”.

Así mesmo, González animou as novas xeracións de galegos e descendentes residentes en Euskadi a implicarse na vida das entidades, a sentir orgullo da súa identidade e a atopar nos centros galegos espazos atractivos, vivos e dinámicos, e reiterou o compromiso da Xunta de acompañar e apoiar iniciativas que favorezan a remuda xeracional e garantan o futuro deste movemento asociativo exemplar.

O XXXVII Día de Galicia en Euskadi contou cun completo programa de actividades culturais e de convivencia que arrancaron o pasado venres con danza, música, herri kirolak, cantos de taberna, foliadas e accións de difusión da cultura galega e vasca, que concluíu hoxe co acto celebrado na Praza dos Fueros, rematado cun festival folclórico a cargo dos grupos de gaita, danza e música tradicional das casas e centros galegos en Euskadi. 

38 lecturas