Miranda e Canosa acordan intensificar a colaboración na promoción da cultura galega en Cataluña

Miranda e Canosa acordan intensificar a colaboración na promoción da cultura galega en Cataluña.
Miranda e Canosa acordan intensificar a colaboración na promoción da cultura galega en Cataluña.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con José Canosa Blanco, presidente do Centro Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet, co obxectivo de continuar reforzando a colaboración institucional e analizar novas vías para impulsar a actividade da colectividade galega en Cataluña. Durante a reunión abordáronse os principais retos actuais da entidade, así como novas iniciativas orientadas á promoción da cultura galega e ao fortalecemento do vínculo coas novas xeracións.

Neste contexto, Miranda trasladou o seu recoñecemento ao labor que desenvolve o Centro como referente de galeguidade en Cataluña, destacando o seu papel na conservación das tradicións e na dinamización social da colectividade. Do mesmo xeito, reiterou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir apoiando ás entidades do exterior, promovendo accións que contribúan a manter viva a identidade galega e a reforzar a súa presenza fóra da Comunidade, en liña co traballo que desenvolven os centros galegos en todo o mundo.
 

156 lecturas