Desde o inicio da Estratexia Galicia Retorna en 2018 ata 2024 regresaron a Galicia 49.995 galegos e a Comunidade gañou máis de 140.000 habitantes grazas ao saldo migratorio positivo

A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno atendeu en 2025 a máis de 8.000 familias e recibiu máis de 30.000 consultas.

Antonio Rodríguez Miranda reclamou que o retorno se converta nunha política de Estado do mesmo xeito que en Galicia xa é unha política de país: “A nosa Comunidade pasou de ser terra de emigración a consolidarse como terra de retorno e de acollida”.

Segundo destacou, as axudas extraordinarias xa apoiaron desde 2018, con preto de 20M€, a máis de 7.500 familias procedentes de máis de 60 países; mentres o Retorno Emprendedor leva mobilizados máis de 7 M€ para máis de 1.000 proxectos en 240 concellos.

Pola súa banda, as bolsas BEME contan desde 2018 cun investimento de 15 millóns de euros para preto de 2.000 mozos de máis de 40 países.

  • Desde o inicio da Estratexia Galicia Retorna en 2018 ata 2024 regresaron a Galicia 49.995 galegos e a Comunidade gañou máis de 140.000 habitantes grazas ao saldo migratorio positivo.
    Desde o inicio da Estratexia Galicia Retorna en 2018 ata 2024 regresaron a Galicia 49.995 galegos e a Comunidade gañou máis de 140.000 habitantes grazas ao saldo migratorio positivo.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026.

Desde o inicio da Estratexia Galicia Retorna en 2018 ata 2024 regresaron a Galicia 49.995 galegos e galegas, unha cifra que confirma a consolidación do retorno como fenómeno estrutural na Comunidade. Ademais, Galicia gañou máis de 140.000 habitantes grazas ao saldo migratorio positivo rexistrado neste período, evidenciando un cambio de tendencia histórica que sitúa á Comunidade como territorio de retorno e tamén de acollida.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compareceu hoxe na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia para dar conta do informe de xestión do programa de retorno da Secretaría Xeral da Emigración correspondente ao ano 2025 e facer balance da evolución da Estratexia Galicia Retorna desde a súa posta en marcha.

Durante a súa intervención, Miranda destacou que Galicia conta cunha política “transversal, integral e pioneira en España e en Europa”, que está a ofrecer resultados concretos tanto no plano demográfico como no económico e social. “O retorno non é só un dereito, é tamén unha vantaxe competitiva para Galicia e un dos piares fundamentais para afrontar o reto demográfico”, asegurou.

Atención integral e apoio económico.

Un dos eixos centrais da política de retorno é a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, con sedes nas catro provincias e en Vigo. En 2025 atendeu a máis de 8.000 familias e recibiu máis de 30.000 consultas. Desde 2020, foron atendidas máis de 34.000 familias e preto de 170.000 consultas. Ademais, a Oficina Móbil, posta en marcha en 2024, realizou máis de 400 visitas a 217 concellos do rural, atendendo a máis de 600 familias.

No que atinxe ás axudas extraordinarias ao retorno, Miranda salientou que en 2025 se destinaron case 4 millóns de euros -a maior cifra da historia deste programa- para apoiar ás familias retornadas máis vulnerables no seu proceso inicial de integración. O pasado ano beneficiáronse 1.340 familias, cunha axuda media de arredor de 3.000 euros. Desde 2018, máis de 7.500 familias recibiron este apoio, cun investimento superior aos 19 millóns de euros.

Pola súa banda, as axudas ao Retorno Emprendedor consolidáronse como unha das medidas mellor valoradas, con 145 axudas concedidas en 2025 e un investimento de 1,2 millóns de euros. En total, desde 2018 apoiáronse máis dun milleiro de proxectos empresariais impulsados por galegos retornados.

Talento novo e inserción laboral.

Miranda fixo tamén especial fincapé nas bolsas BEME, que este ano acadan a súa décima edición e permiten que 250 mozos e mozas do exterior cursen un máster nunha universidade pública galega. Desde a súa creación, preto de 2.000 estudantes beneficiáronse desta iniciativa, cun investimento acumulado superior aos 13,7 millóns de euros. O 80 % dos bolseiros e das bolseiras permanece en Galicia unha vez rematada a súa formación.

Xunto ás BEME, programas como o Merlo -que beneficiou en 2025 a 93 persoas- ou o Retorna Cualifica Emprego, que o pasado ano contou con 200 beneficiarios e beneficiarias e mobilizou 2,3 millóns de euros, completan un modelo que conecta retorno e inserción laboral estable.

Impacto demográfico real.

No ámbito demográfico, o secretario xeral puxo en valor que só en 2024 retornaron a Galicia 8.435 persoas, a segunda cifra máis alta da serie histórica. O 85 % son menores de 65 anos e o 57 % menores de 45, o que contribúe directamente ao rexuvenecemento da poboación galega.

Ademais, Galicia rexistrou en 2024 un saldo migratorio positivo de 30.325 persoas. Nos últimos catro anos, a Comunidade gañou case 100.000 habitantes entre os que saíron e os que entraron; e desde 2018, máis de 140.000.

298 lecturas